PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos xogadores, corpo técnico e directivos do Club Ourense Baloncesto (COB) para felicitalos polo ascenso acadado á ACB, "a elite do baloncesto europeo", en palabras do presidente provincial, "algo fondamente satisfactorio que é froito da conexión persoal, do traballo en equipo e do incondicional apoio que recibistes do "xogador número 6", a afección ourensá, que sempre estivo con vós e creu nas vosas posibilidades". 

 O Deputación de Ourense presentou hoxe a segunda edición do campamento da Ourensanía "Explora Ourense", un evento de lecer que ten como obxectivo concienciar aos máis novos sobre a importancia da defensa da natureza e do medio ambiente, e ampliar os seus coñecementos sobre o patrimonio material e inmaterial da provincia de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o Concello de Avión, onde foi recibido polo alcalde do municipio, Antonio Montero, con quen percorreu diferentes instalacións para coñecer os proxectos que se están a desenvolver no concello nos ámbitos sociais, de infraestruturas, turísticos e deportivos.

 A estación de Baños de Molgas (Ourense) converterase entre o vindeiro 28 de xuño e o 11 de xullo no escenario perfecto para recrear os relatos da escritora Agatha Chritie co desenvolvemento do "Orient Express in Ourense", un campamento de verán no que participarán nenos e nenas de entre 11 e 16 anos, que ten como obxectivo a inmersión no idioma inglés por medio de actividades de lecer e formativas baseadas na creatividade audiovisual. 

O vindeiro domingo, 28 de xuño, celebrarase no Concello de Monterrei a VII Marcha de bicicleta de montaña (BTT), que percorrerá en tres rutas un total de 100 quilómetros pola contorna do municipio.

 Xinzo de Limia organiza entre os días 5 ao 12 de xullo unha actividade que o sitúa á vangarda artística entre as vilas que promoven iniciativas creativas relacionadas ca arte.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o 6º informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a institución provincial desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia ourensá nas súas comarcas. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o director do certame, Roberto Pascual, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, un evento que contará a partires de agora coa Deputación de Ourense como co-organizadora da Mostra, xunto co Concello de Ribadavia, "para dar estabilidade ao apoio do goberno provincial a este evento singular e independente, froito do traballo de moita xente e no que destaca a súa creatividade, innovación e internacionalidade", afirmou Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Irmandade Galega de Venezuela, Roberto González Pérez, quen participou estes días na reunión anual da comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas, que reuniu no Parador de Santo Estevo aos representantes de máis dun centenar de centros e casas de Galicia distribuídas por todo o mundo.

La Xunta otorgará prioridad para la elaboración de los Presupuestos de 2016 a las políticas de gasto encaminadas a potenciar la recuperación de la actividad económica, con el objetivo de mejorar la creación de empleo.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates