PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Padrón recupera no Libro da Pascua 2018 parte da súa historia con 18 artigos de 14 colaboradores

Miércoles, 21 Marzo 2018 11:09
Valora este artículo
(0 votos)
por

O Concello de Padrón comezou a distribuír nos últimos días máis de 1.200 exemplares do Libro da Pascua 2018, que nas súas 178 páxinas recupera parte da súa historia, fundamentalmente coa lembranza de persoeiros destacados e tradicións locais, a través dos 18 artigos e reportaxes aportados por 14 autores colaboradores.

 

Ademais de incluír preto de 200 anuncios publicitarios de empresas das bisbarra, o Libro da Pascua 2018 contén os seguintes artigos e reportaxes:

 

O municipio de Padrón, Padrón monumental e Empresas padronesas, de Juan Ramón Baliñas Bueno; Bendición da igrexa de Santiago Apóstolo en 1867, Lembrando a Ángel Grela López e Acerca da tumba de D. Alonso de la Peña Rivas e Montenegro, de Ángel Rey Castro; Dez anos non son nada, da Charanga O Santiaguiño; Cincuenta anos de saudade estudiantil, de Gonzalo Manuel Castaño Solar; Os aproveitamentos hidroeléctricos no río Ulla, de X. Carlos Beiró Piñeiro; Dr. D. José Sebe Méndez: médico de vocación e padronés de corazón, de Arturo Manuel Reboyras Villaverde; Olladas, de Germán Cruces Rajoán; As lidas de xovencos na vila de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia; A capela de Santiago na colexiata de Iria, de Justo Cortizo Sóñora; Artesanía padronesa: os zapateiros, de Finita Villaverde, Tempada 2017 do Cortizo-Anova, do propio club ciclista; O son das campás, de Alberto Rey Castro; A taberna do pan de millo, de Carlos Blanco Arca; e Para ti, viaxeiro, de José Castro Cajaraville. Ademais de detallar a programación de actividades, o libro tamén inclúe fotografías antigas da vila de Padrón aportadas por Kiko Piñón, Antonio Fernández Muñiz e Ángel Rey Castro, que permiten lembrar instantes históricos como a inauguración da Praza de Macías en 1920, a celebración das Festas do Día de Galicia en 1945 ou a inauguración do monumento a Rosalía de Castro no Paseo do Espolón en 1957.

 

No tradicional saúdo do alcalde, Antonio Fernández Angueira agradece "a todos aqueles autores e anunciantes que seguen a colaborar na edición deste libro, converténdoo nunha mirada retrospectiva cara aspectos relevantes da nosa historia, pero tamén nunha crónica oficial do que ano tras ano acontece no noso concello".

 

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Lorena Couso, destaca no seu limiar que o Libro da Pascua é unha publicación da que se ten constancia por primeira vez no ano 1926 e que desde o ano 1957 "forma parte indisoluble e ininterrompidamente da tradición das Festas da Pascua". Neste senso, destaca que nas páxinas deste libro escribiron, entre outros autores, insignes persoeiros e intelectuais como Otero Pedrayo, Antón Fraguas, Modesto Figueiredo ou Abuín de Tembra.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates