viernes. 19.04.2024

O premio nacional de música Javier Perianes actuará o xoves no ciclo de música Enclave de Cámara

O ciclo de música Enclave de Cámara ten este xoves (Teatro Principal ás 20.30 h) unha das citas máis destacadas da temporada coa actuación do recoñecido pianista Javier Perianes. Perianes, Premio Nacional de Música 2012, ven de tocar coa BBC Philharmonic Orchestra, ou coa St. Petersburg Philharmonic e realiza habitualmente colaboracións con prestixiosos directores a nivel mundial como Lorin Maazel ou Tilson Thomas. En definitiva un dos mellores pianistas do panorama español actual.

O venres 6, a Banda Municipal ofrecerá o concerto semanal no Liceo de Ourense. Xa pola noite, a partir das 22 h, o Auditorio Municipal albergará a actuación The Pink Tones co espectáculo Beyond the wall tour. O grupo de tributo ofrecerá un repertorio composto por grandes clásicos e tamén outros traballos que sorprenderán a audiencia como Obscured by Clouds e A Saucerful of Secretes. Nestes 10 anos, Pink Tones interpretaron cortes de case todos os álbums da discorgrafía de Pink Floyd.

O sábado e o domingo dous espectáculos destinados ao público infantil familiar ocupan a carteleira do Auditorio. Serán 100 por cien Burbujas, que conta a historia dun maestro no arte das pompas de xabón (sábado ás 18 h), e Kibubu, que narra a historia dunha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito (domingo ás 12 h).

As entradas para as actuacións do Auditorio pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio. Para o concerto do Teatro Principal, están a venda no propio espazo.

O premio nacional de música Javier Perianes actuará o xoves no ciclo de música Enclave...