jueves. 28.03.2024

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" exhibe a mostra "Darwin e o evolucionismo"

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense exhibe ata o vindeiro 31 de maio a mostra "Darwin e o evolucionismo", unha exposición que fa un percorrido pola vida e a obra do científico Charles Darwin (1809-1882) incluíndo a súa viaxe no Beagle, no que embarcou co mo naturalista e onde comezou a estudar gran cantidade de especímenes de fauna e flora.

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense exhibe ata o vindeiro 31 de maio a mostra "Darwin e o evolucionismo", unha exposición que fa un percorrido pola vida e a obra do científico Charles Darwin (1809-1882) incluíndo a súa viaxe no Beagle, no que embarcou co mo naturalista e onde comezou a estudar gran cantidade de especímenes de fauna e flora. Nesta viaxe comprendeu que a separación xeográfica e as distintas condicións de vida eran a causa de que as poboacións variaran independentemente unhas de outras. Esta exposición, producida pola Fundación Atapuerca, tamén fai referencia a como Darwin elaborou a súa teoría sobre a orixe das especies e a implicación desta na evolución do ser humano.

 

A mostra ten un marcado carácter educativo, moi indicada para escolares. Os centros interesados poden concertar visita no centro cultural ( [email protected] ou no 988317895).

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" exhibe a mostra "Darwin e o evolucionismo"