PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Tecnoloxía, historia e viticultura, nun proxecto de realidade aumentada que recrea lagares rupestres e unha antiga adega de Oímbra

Miércoles, 10 Enero 2018 13:07
Valora este artículo
(0 votos)
por

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na Casa do Concello de Oímbra, xunto a alcaldesa, Ana Villariño, e os representantes da empresa Xoia, Xoel Vázquez e Iván Olmos, na presentación dun proxecto 3D de realidade aumentada que une patrimonio histórico e viticultura.

 

"Trátase dunha iniciativa de vangarda tecnolóxica, na que se implica a Deputación de Ourense, para amosar unha nova maneira de achegar aos visitantes os valores turísticos, histórico-patrimoniais e vitivinícolas desta contorna de Oímbra, que conta con importantes elementos arqueolóxicos e cun sector do viño que ten oito adegas acollidas á Denominación de Orixe Monterrei", explicou Manuel Baltar na presentación.

 

O presidente do goberno provincial -quen xa anunciara esta iniciativa no pasado debate sobre o estado da provincia- expresou que a riqueza etnográfica de Oímbra unida ao ámbito vitivinícola "é, ademais dunha tradición, unha herdanza histórica que temos a obriga de recuperar e potenciar, e a tecnoloxía aplicada ao turismo permitiramos por medio deste proxecto percorrer e revivir visual e informativamente o municipio de Galicia con maior concentración de lagares rupestres, así como unha adega do século XVIII cun alto valor arquitectónico", dixo Manuel Baltar, engadindo que a tecnoloxía "ponse ao servizo da historia para ofrecernos unha viaxe no tempo inclusiva e interactiva sen movernos do século XXI, valorizando a riqueza do noso rural".

 

A través dunha APP no móbil o visitante poderá ver unha reconstrución do pasado e ver en tempo real todo o esplendor dos Lagares de Oímbra, ademais de iniciativas que permiten promocionar as adegas da zona. Esta tecnoloxía permite "revivir" edificacións, escenas e outros elementos históricos, á vez que se amosa ao visitante información sobre a historia das adegas e as características do seu viño.

 

Desta maneira créase unha experiencia visual, lúdica e didáctica que une os conceptos de promoción turística e económica. Ana Villarino destacou que con esta aplicación "pretendemos promocionar o turismo cara os lagares de Oímbra e levar a cabo un labor de promoción económica das adegas". A alcaldesa de Oímbra agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e subliñou "a importancia de pór en valor por medio da innovación tecnolóxica a riqueza histórica do municipio, que conta coa maior concentración de lagares rupestres".

 

Ademais da visualización en 3D dos lagares e da adega centenaria, o visitante poderá ver unha ficha con cada unha das adegas de Oímbra, na que se explica a historia delas e as características do seu viño, segundo explicaron os responsables de Xoia. Cada escena recréase coa maior veracidade histórica a través do modelado 3D das estancias, xunto a personaxes, mobiliario e accesorios, ademais de animacións que permitan coñecer como se desenvolvía unha determinada actividade.

 

A aplicación, que non requirirá de conexión a Internet, só a súa descarga, estará dispoñible en galego e castelán para os sistemas iOS e Android, e nela, as etiquetas das botellas de viño actuarán como marcador (patrón visual, recoñecible pola aplicación e sobre as cales se proxecta a realidade aumentada). Desta maneira, ao enfocar a etiqueta amosarase en realidade aumentada a ficha da adega correspondente, con información sobre a súa historia e viños, e tamén se poderá acceder ás recreacións dos lagares e da antiga adega, que foi realizada baixo a supervisión de arqueólogos e historiadores expertos nesa época.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates