viernes. 19.04.2024

En dous meses desde a súa apertura máis de 18.000 persoas visitaron a mostra nos tres espazos expositivos: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal Manuel Baltar confirmou hoxe a ampliación das datas de apertura ao público da exposición ata o vindeiro 6 de maio, “dado o éxito que está a acadar a mostra nos ámbitos cultural, científico e turístico” Nestes primeiros 70 días foron máis de 3.500 persoas as que participaron nas visitas guiadas e ducias de centros escolares galegos.

 

O maior número de visitantes e seguimento a través das redes sociais contabilízase en Galicia, Madrid, Cataluña e Castela e León, e no ámbito internacional os países máis destacados son Reino Unido e Portugal O alcance mediático acumulado neste segundo mes supera xa os 4 millóns de persoas: na prensa xeral, páxinas web, prensa especializada e redes sociais Ourense, 22 de febreiro de 2018.- A exposición “In tempore sueborum”, que organiza a Deputación de Ourense, a mostra máis importante de Europa sobre o mundo suevo, é xa o acontecemento cultural de máis éxito e a exposición máis visitada na historia da provincia de Ourense.

 

Segundo datos presentados hoxe polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, acompañado polo comisario da mostra, Jorge López Quiroga, en dous meses desde a súa apertura visitaron a mostra máis de 18.000 persoas, nos tres espazos expositivos nos que se exhibe: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal. Baltar confirmou que “se amplía o prazo de apertura ao público ata o vindeiro 6 de maio, dado o éxito que está a acadar a mostra nos ámbitos cultural, científico e turístico”. Nestes primeiros 70 días foron máis de 3.500 persoas as que participaron nas visitas guiadas e ducias de centros escolares galegos. O maior número de visitantes e seguimento a través das redes sociais contabilízase en Galicia, Madrid, Cataluña e Castela e León, e no ámbito internacional os países máis destacados son Reino Unido e Portugal.

 

Desta maneira, “In tempore sueborum” multiplicou por catro as cifras de impacto do seu primeiro mes, acadando unha audiencia acumulada que supera os 4 millóns de persoas, “un alcance incrementado notablemente trala presentación realizada na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur)”, expresou Manuel Baltar. Baltar afirma que o éxito desta proposta cultural radica en que é unha exposición “ben pensada, ben xestionada e ben promocionada, sobre unha temática singular e novidosa, que por primeira vez reúne ao redor do mundo suevo pezas de 39 museos de dez países.

 

E todo iso acontece aquí, en Ourense”. O presidente da Deputación tamén resaltou que se está a traballar na reedición do catálogo da exposición, “esgotada xa a súa primeira edición, e que se sitúa como o de máis éxito na historia da Deputación de Ourense”. Á ampla lista de personalidades que visitaron ata o de agora “In tempore sueborum” sumarase o mércores da vindeira semana a embaixadora de Polonia en España, Marzenna Adamczyk, cuxo país participa na exposición cunha peza de importante valor histórico-artístico: o caldeiro con bustos de suevos de Czarnòwko, do Museo Leborku.

 

Impacto mediático

Neste segundo mes, o número de noticias publicadas sobre a exposición incrementouse nun 562 %, pasando de 537 no primeiro mes a 3.220 novas na actualidade. O maior impacto tense rexistrado nos diarios de información xeral, nas páxinas web e nas revistas especializadas, situándose o alcance en 3.550.000 persoas, e o incremento nas redes sociais tamén e moi significativo, contabilizando a presenza da exposición en 511.000 dispositivos (móbiles, tabletas e ordenadores), fronte aos 200.000 do primeiro mes.

 

A esta promoción tamén se uniu Renfe, colaborando a través de Internet e situando paneis promocionais nos asentos dos trens Alvia de Madrid, Barcelona e Alacante con destino a Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco. Todo elo contribuíu a incrementar o número de visitantes, que supera xa as 18.000 persoas, das cales 3.500 realizaron visitas guiadas, procedentes de asociacións e diferentes entidades, así como de centros educativos, cifras ás que hai que sumar os espectadores que participan nos Foros La Región específicos sobre a mostra, que se desenvolven no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. Maioritariamente os visitantes que percorren os tres espazos expositivos proceden de Galicia e do resto de España, e do estranxeiro figuran visitantes de Portugal, Xapón, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Chile, Turquía, Venezuela, Polonia e Alemaña.

 

“In Tempore Sueborum” reúne por primeira vez o maior número de pezas da época do primeiro reino suevo de occidente, localizado en Ourense, no territorio da Gallaecia (411-585), amosando un total de 262 elementos procedentes de 39 museos de 10 países: España, Portugal, Austria, República Checa, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Bélxica, Francia, Alemaña. Os tres espazos expositivos da cidade de Ourense están organizados segundo as temáticas: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” abrangue a deconstrución dos bárbaros; a Igrexa de Santa María Nai acolle o proceso de cristianización na Gallaecia da época sueva, e o Museo Municipal amosa o ámbito social e organizativo dos suevos cos galaico-romanos.

“In tempore sueborum” é xa a exposición máis visitada na historia da provincia de Ourense