PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

 Actualidad   CORONAVIRUS
  XACOBEO 2021   ALCOA    PARO   HIPOTECAS   AYUDAS   PENSIONES


Baltar salienta no Pavillón dos Remedios "o carácter social e de deporte para todos desta infraestrutura que cumpre 52 anos"

Martes, 19 Enero 2021 17:29
Valora este artículo
(0 votos)
por

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na visita ao Pavillón dos Remedios para coñecer as obras de mellora que se levaron a cabo neste recinto deportivo e que supuxeron un investimento de dous millóns de euros. Baltar destacou do Pavillón dos Remedios "o carácter social e de deporte para todos desta infraestrutura que cumpre 52 anos", e dixo que as obras "suporán unha importante mellora nos aspectos deportivos, funcional, de servizo e de accesibilidade para os miles de usuarios que cada mes utilizan esta infraestrutura deportiva".

 

As obras, desenvolvidas na planta baixa e na primeira planta abrangueron actuacións na zona de vestiarios, na piscina de 50 metros, no distribuidor e tamén nas salas de musculación e de actividades dirixidas, así como na fachada do edificio. O Pavillón dos Remedios foi inaugurado en 1969 cun partido de baloncesto entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid, e desde entón converteuse nun dos centros deportivos de referencia da cidade de Ourense xunto co Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense; a nova pista cuberta de atletismo de Expourense, e as instalacións deportivas de Monterrei, actualmente en reforma, así como o futuro parque acuático que albergará este mesmo recinto.

 

O Pavillón dos Remedios conta con máis de 17.000 metros cadrados de superficie, con dous pavillóns, campo de fútbol, piscinas e módulo de atletismo, e nas súas instalacións desenvolven actividades deportivas equipos de fútbol sala, atletas, ximnastas e nadadores.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates