martes. 19.03.2024

O Auditorio de RRibadumia acolle ata o 27 de abril unha Exposición de Pintura e Escultura de Artistas Locais

O Concello de Ribadumia informa de que, co obxectivo de promover o desenvolvemento cultural e artístico do municipio, estase a celebrar no Auditorio Municipal unha Exposición de Pintores e Escultores Locais. José Martínez Castro, Albino Abal Barral, Lorena Vázquez Rosal, Javier Padín Pazos, Ramón Cores, Alicia Castro Martínez, Artesanía Miguel Ángel, Enrique López, María José Martínez e artistas da asociación cultural Alecrín, son os encargados de encher coas súas obras o Auditorio de Ribadumia, nunha exposición que permanece aberta ao público dende o pasado sábado, 10 de marzo, e ata o 27 de abril.

O Concello de Ribadumia informa de que, co obxectivo de promover o desenvolvemento cultural e artístico do municipio, estase a celebrar no Auditorio Municipal unha Exposición de Pintores e Escultores Locais. José Martínez Castro, Albino Abal Barral, Lorena Vázquez Rosal, Javier Padín Pazos, Ramón Cores, Alicia Castro Martínez, Artesanía Miguel Ángel, Enrique López, María José Martínez e artistas da asociación cultural Alecrín, son os encargados de encher coas súas obras o Auditorio de Ribadumia, nunha exposición que permanece aberta ao público dende o pasado sábado, 10 de marzo, e ata o 27 de abril. Así mesmo, o Concello está a organizar xa exposicións monográficas, que se espera poidan comezar en outubro do presente ano e nas que os mesmos artistas presentarán, de xeito individual, as súas creacións.

 

Con esta iniciativa, promovida polo Concello e co apoio da Deputación de Pontevedra, preténdese dar impulso e visibilidade a artistas da vila, así como promover o desenvolvemento cultural e artístico de Ribadumia. Como destacaba o alcalde, D. David Castro, na inauguración da mostra, “cando nos demos conta de que neste concello había tantas persoas que facían arte, tomamos a decisión de organizar este evento, para poñer en valor, recoñecer e apoiar o traballo que realizan. O Concello de Ribadumia vai seguir traballando neste tipo de eventos que promocionan o municipio e o labor dos veciños”. Así mesmo, a Concelleira de Cultura, Mar Rey, quixo destacar a “enorme satisfacción que nos levamos cando quixemos por en marcha este proxecto e vimos a cantidade de artistas que temos en Ribadumia, na súa maioría afeccionados que ocupan o seu tempo libre en pintar, esculpir e demais, pero que contan cunhas obras dunha calidade formidable”.

 

A esta inauguración, que tivo lugar o pasado sábado 10 de marzo ás 20:30 horas, acudiron, ademais dos propios artistas, representantes de asociacións culturais do municipio e de entidades comarcais, así como personalidades e veciños da vila. O Concello agradece a participación de todos eles xa que, coa súa colaboración en iniciativas deste tipo, fan a Ribadumia máis grande. A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 27 de abril, durante a hora previa á celebración de outras actividades no Auditorio de Ribadumia. Ademais, todos aqueles que o desexen poderán solicitar unha visita en horario diferente, previa cita nas oficinas do Concello ou no 986 71 84 91.

O Auditorio de RRibadumia acolle ata o 27 de abril unha Exposición de Pintura e...