viernes. 29.03.2024

O Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu a presentación da XVIII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO – OPEN GALEGO DE CROSS COUNTRY MARATÓN, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, J. Ramón Castelo Vázquez, presidente da Peña Cicloturista Castro Barbudo.

 

A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Federación Galega de Ciclismo, celebrarase o vindeiro 6 de agosto ás 9:00 h e entra dentro do calendario, por primeira vez, do circuíto de probas da Federación galega de Ciclismo.

 

As persoas participantes terán que dar 2 voltas a un circuíto de 31 km, cun desnivel acumulado de 1200 m por volta, ata completar os 62 km do Open de Maratón, mentres que as participantes da marcha cicloturista completarán 1 volta ao circuíto.

Presentación da XVIII Subida ao Castro Barbudo - Open Galego de Cross Country Maratón...