PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Arousa Norte acolle a celebración do campionato de España infantil masculino de Voleibol 2018

Jueves, 12 Abril 2018 16:39
Valora este artículo
(0 votos)
por

A Mancomunidade Arousa Norte acollerá do 16 ao 20 de maio o Campionato de España Infantil Masculino de Voleibol. Así o anunciou hoxe o presidente da Mancomunidade e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, despois de asinar o convenio de colaboración entre esta entidade e a Federación Galega de Voleibol, representada polo seu presidente, José Ángel Luna Bargo, e presidente do Club de Voleibol Cabo de Cruz de Boiro, Andrés Martínez, e o xogador Juan Romeral. Na presentación aos medios de comunicación tamén estiveron presentes o vicepresidente de Arousa Norte e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e a xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo.

 

Durante a súa intervención, o presidente da Mancomunidade explicou que neste evento deportivo daranse cita ata 24 equipos que pernoctarán en Arousa Norte durante os días da competición. Ademais, a organización estima que unhas 1.000 persoas visitarán a zona eses días por mor do campionato e o día da final, este cifra duplicarase ata as 2.000 persoas de público. “Trátase dunha cita –engadiu Xose Lois Piñeiro- moi importante a nivel deportivo para toda a provincia e incluso para toda Galicia e esperamos que sexa un elemento impulsor desde o punto de vista turístico”. Neste sentido, subliñou que se inclúe na axenda de eventos propios de Arousa Norte e contribuirá a desestacionalizar o turismo atraendo visitantes fóra da tempada alta.

 

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, subliñou que se trata dunha excelente oportunidade para promocionar os atractivos turísticos de Arousa Norte. Segundo explicou o presidente da Federación Galega de Voleibol, o campionato desenvolverase nas instalacións deportivas dos catro concellos, sendo a semifinal e a final, o sábado 19 e o domingo, 20 de maio, no pavillón da Cachada, en Boiro. Os equipos e o persoal técnico, árbitros, xuíces, etc. aloxaranse eses días en distintos establecementos hostaleiros de Arousa Norte.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates