PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Manuel Baltar, coas seleccións españolas de remo e piragüismo, en Laias

Jueves, 08 Febrero 2018 11:00
Valora este artículo
(0 votos)
por

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe no Cerlac, no balneario de Laias, ás seleccións españolas de remo e piragüismo, que están a realizar neste centro de adestramento os seus períodos preparatorios cara as vindeiras competicións internacionais. Nas conversas que mantivo cos deportistas e co corpo técnico de ámbalas dúas seleccións, estes trasladáronlle "o alto grao de satisfacción" polas infraestruturas deportivas e de servizos que, co impulso da Deputación de Ourense, teñen convertido a este centro de adestramento nun dos mellores do mundo para estes deportes.

 

Neste sentido, o presidente do goberno provincial salientou que estamos "diante da consolidación do Cerlac, unha posta da Deputación de Ourense, cuxa magníficas instalacións sitúan neste caso a Laias como referente para o adestramento de equipos e seleccións internacionais de remo e piragüismo, e o feito de que estea aquí a selección española supón completar ese grande elenco de participantes que inclúe a países como Australia, Holanda, Bielorrusia, Ucraína, e equipos que virán, como México, China ou Francia, que realizarán nestas instalacións os seus períodos preparatorios".

 

Baltar afirmou que estamos ante a "ONU do remo e do piragüismo, equipos que comproban a excelencia destas infraestruturas e volven novamente, porque, como asegura Luis Brasero, o adestrador nacional, imponse a obxectividade da lámina de auga que temos aquí, inmellorable para levar a cabo o traballo destas especialidades deportivas". "Unha lámina de auga –destaca o presidente da Deputación- incomparable, que non existe en ningures e que coloca a Ourense no cumio dos lugares de ámbito internacional para preparar competicións de alto nivel".

 

Tralo encontro con deportistas e técnicos das seleccións españolas, Manuel Baltar salientou que esta aposta, "que cualificamos no seu momento como "termalismo deportivo", é unha realidade que entra dentro dese ecosistema de "turismo deportivo" que presentamos días pasados en Fitur, que abrangue auga e tamén neve, coa estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, xunto con automobilismo, ciclismo ou probas de atletismo, todas elas que sitúan a Ourense como un territorio propicio para a celebración de probas das máis esixentes do calendario deportivo".

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates