viernes. 19.04.2024

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron hoxe no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ámbalas dúas administracións para o cofinanciamento e execución das obras de renovación dos campos de fútbol do complexo deportivo dos Carrís.

 

O importe total destinado para estas actuacións ascende aos 300.000 euros, dos cales, a Deputación de Ourense achegará 200.000 euros e o Concello de Barbadás, 100.000 euros. Manuel Baltar dixo que este convenio resolve o compromiso adquirido o pasado mes de xaneiro na xuntanza que mantivo coa deputada provincial de Infraestruturas, Chelo Vispo, "na que acordamos que a Deputación de Ourense cofinanciaría os custes da remodelación e posta a punto dos campos de fútbol de Barbadás".

 

O presidente da Deputación considera "clave" a cooperación entre administracións para levar a cabo obras de infraestruturas e seguir mellorando os servizos que os concellos poñen a disposición dos seus veciños, "neste caso, relacionados co deporte, un ámbito fundamental para favorecer o desenvolvemento saudable e en valores da infancia e a mocidade, co que a Deputación de Ourense está plenamente identificada".

A Deputación de Ourense investirá 200.000 € nas obras dos campos de fútbol do complexo...