PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



O concelleiro de Deportes recibe ao alpinista Abel Alonso, que vai intentar a ascensión a dous 8.000 no Karakorum

Viernes, 21 Junio 2013 11:47
Valora este artículo
(1 Voto)
por

Gañar os cumios dos picos Gashembrum I e Gashembrum II (Hidden Peak), en plena cordilleira do Karakorum, é o ambicioso obxectivo que se ten fixado o alpinista pontevedrés Abel Alonso. O escalador foi recibido hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, quen lle desexou o máximo éxito neste reto, que afronta co apoio da Concellería de Deportes.

Fernández anunciou que a Concellería decidiu patrocinar tres retos deportivos singulares: xunto con Abel Alonso, recibirá apoio a montañeira Rosa Paredes (quen tentará subir ao Pico Lenin, situado a 7.134 metros entre as antigas repúblicas soviéticas de Kirguizistán e Tadjikistán) e Francisco Casal, inscrito na carreira a pé do UltraTrail do Mont Blanc (168 Km).
Tres aventuras que, en palabras do concelleiro, sitúanse "ao fío do imposible" e contribúen a posicionar a Pontevedra no mundo dos deportes de aventura. Alonso, que tentará converterse no primeiro pontevedrés en tomar un 8.000, parte mañá mesmo para Pakistán. Alí integrarase nunha expedición na que participan outros 10 alpinistas españois.
Durante as últimas semanas estivo afrontando unha preparación moi intensiva para afrontar as esixentes condicións que lle agardan na cordilleira do Karakorum. O Gashembrum I está a 8.035 metros de altitude e o Gashembrum II a 8.068 metros.
A expedición afrontará o reto ao longo do mes de xullo, á expectativa sempre das condicións meteorolóxicas, que serán determinantes para o éxito da aventura. O escalador non é un novato, posto que na súa carreira xa ten coronado o Mont Blanc e o Argéntiére (Alpes), o Aconcagua, Urus e Tocllaraju (Andes), o Mckinley-Denali (Alaska) e o Ama Dablam (Himalaia).
A aventura de Abel pode seguirse Online a través do seu blogue: www.abelalonso.es.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates