viernes. 29.03.2024

Últimos preparativos para a XIX edición do Medio Maratón de Pontevedra, que encherá de deporte as rúas da cidade a partir das 11 horas deste domingo, día 19. A proba segue coa tónica de crecemento dos últimos anos e acadou unha participación récord de 1.636 corredores.

 

Sen embargo, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, está especialmente orgulloso do crecemento nas cifras de inscrición feminina, que chega este ano a un total de 135 corredoras, ou sexa 25 máis que na anterior edición. Fernández está convencido de que esta progresión ten bastante que ver coa posta en marcha do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), no que xa se viña evidenciando esta tendencia en cada unha das seis carreiras que o compoñen.

 

Por outra banda, os últimos datos indican que un total de 132 desempregados/as correrán gratuítamente a proba grazas á política municipal de devolver o custo de inscrición ás persoas que fagan constar esta condición na realización do trámite dixital e presenten o documento acreditativo de solicitante de emprego na recollida de dorsal.

 

Fernández volveu insistir en que Pontevedra foi pioneira na introdución desta medida en todas as probas populares coorganizadas pola Concellería de Deportes. O Medio Maratón é, precisamente, a cita que pecha o calendario do CCCP. A cerimonia de entrega de premios aos gañadores/as das distintas categorías celebrarase cara final de ano, días antes da carreira popular de San Silvestre, coa que remata o ano atlético pontevedrés.

O Medio Maratón de Pontevedra bate o récord de inscrición feminina chegando ás 135...