viernes. 29.03.2024

Todo listo para o Campionato Internacional de Taekwondo que o Pavillón Municipal de Pontevedra acollerá durante a fin de semana. Será a oportunidade de ver a algúns dos mellores deportistas españois e portugueses desta especialidade.

 

O torneo foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e Miguel Cortegoso, o director do club organizador Mace Sport. Da relevancia deste evento dá conta a presencia durante toda a fin de semana de 1.245 persoas, divididas en 1.051 deportistas, 60 árbitros e 134 técnicos. Ademais do público asistente que, diante dos importantes gastos organizativos, deberá aboar unha entrada de 3 euros.

 

O concelleiro de Deportes subliñou que o taekwondo vive o mellor momento da súa historia en Pontevedra, como acreditan as cinco medallas nos últimos Mundiais. O nivel dos deportistas do Mace Sport explica a gran afluencia a este torneo, sen esquecer a calidade das montaxes que saen do equipo de Miguel Cortegoso.

 

Horarios estritos e medios técnicos de vanguarda, como os petos electrónicos, explican que todo o mundo queira vir a participar no torneo pontevedrés. Miguel Cortegoso subliñou que a este torneo acoden máis deportistas que ao Campionato de España por equipos e agradeceu o traballo dos seus colaboradores “que son xente que non mira o reloxo”.

 

Así, en Pontevedra estarán equipos de Madrid, Cataluña, Valencia, Asturias, Valladolid.. Un de Francia, uno de Cabo Verde, e moitos de Portugal despois de que a Federación lusa, elixira este campionato con ranking para a conformación da selección nacional, mesmo por enriba do propio campionato portugués.

 

O torneo divídese entre as xornadas de sábado, para os combates, e do domingo para técnica, freestyle e exhibicións. Os horarios son os seguintes:

 

Sábado, 1 de novembro:

9:00 a 14:00 infantís, absolutos e master 16:00 a 21:00 junior e cadete Domingo, 2 de novembro: 10 a 14:00 horas: técnica e freestyle: 205 deportistas 16:00 a 18:00 horas: exhibicións: 196 deportistas.

Pontevedra acolle o seu Torneo Internacional de Taekwondo ao calor dos éxitos...