PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Os días 7 e 14 de agosto

Pontevedra acolle o seu torneo internacional de Xadrez e homenaxea a Alberto Portela

Martes, 05 Agosto 2014 19:20
Valora este artículo
(0 votos)

O II Torneo Internacional Cidade de Pontevedra disputarase no parque de verán do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, entre os días 7 e 14 de agosto. A competición foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, acompañado do director da Escola Xadrez Pontevedra e do torneo, Pablo García Castro, e o presidente do Casino Mercantil e Industrial, Roberto Vega.

O torneo é o colofón ao Campus de Tecnificación que está a realizarse na cidade dende o pasado día 1 e no que están a participar xogadores novos procedentes de varios países, entre eles catro integrantes da Escola de Xadrez de Manchester.

Esta segunda edición está dotada cunha bolsa total de 6.000 euros, ademais de material didáctico para os xogadores novos das categorías, Sub 8, 10, 12, 14 e 16 anos. Ademais, haberá un premio especial para a Escola Xadrez Pontevedra á mellor partida de ataque, que levará o nome de Ramón Escudeiro Tilve.

Agárdase unha participación neste Torneo Internacional de máis de 120 xogadores de todas as partes de Galicia e España, pero haberá tamén axedrecistas chegados dende 12 países e grupos de Cuba, Arxentina, Serbia, Portugal, Inglaterra e Alemaña. A calidade desta segunda edición do torneo queda acreditada pola presenza de Titulados internacionais, que chegan a un total de 12. Entre eles catro Grandes Mestres ( máximo título recoñecido pola federación internacional de xadrez) cinco mestres internacionais e tres mestres FIDE, que farán da competición a máis importante de Galicia e unha das referencias en España. Entre os mestres estará Jaime Santos Latasa, que repite en Pontevedra, para o que desbotou unha oferta para participar nun importante torneo en Riga.


O prato forte do evento estará na retransmisión das primeiras partidas a través de Internet, vía “streaming”, dende o sitio www.xadrezpontevedra.com, o que volverá actuar como un impulso máis de Pontevedra como cidade clave no mapa do xadrez. A primeira edición foi seguida por un total de 25.000 persoas en todo o mundo e as partidas apareceron colgadas de webs especializadas de Estados Unidos e Alemaña.

Alberto Portela Peleteiro


Por outra banda, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, aproveitou o acto de presentación para render homenaxe a Alberto Portela Peleteiro, recente subcampión de España sub 16 durante a competición celebrada en Salobreña (Granada).


Dáse a circunstancia de que o xadrecista pontevedrés, que xa acumula varios postos de honor nas distintas categorías de idade, viuse prexudicado polo sistema de desempate, xa que rematou a competición empatado a puntos co que resultou gañador.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates