viernes. 19.04.2024

O parque da Constitución de Campolongo acolle este sábado a segunda competición da Conferencia das Rías Baixas da Liga Nacional de Billarda. Segundo explicaron esta mañá no Concello os organizadores da Liga, esta está integrada por tres Conferencias: Rías Baixas, Noroeste e Sur, na que compiten 483 persoas (o pasado ano).


É unha liga aberta, que aínda que se compite por equipos calquera persoa que quera pode inscribirse para participar. Na Conferencia Rías Baixas na primeira competición tiveron 72 xogadores, e na segunda 103 inscritos. Esta Conferencia disputa 16 xornadas.


A Conferencia Rías Baixas organiza este sábado a segunda xornada deste ano, que comezará ás 16.30 horas na praza da Constitución (as inscricións serán media hora antes de iniciarse a competición).


Paralelamente, o grupo Lembranza galega integrado por cinco mozos porá en marcha o proxecto billarda que amosarán a calquera persoa que o desexe como se xoga á billarda. Será o venres e sábado dende as 19.00 horas no parque da Constitución.

A billarda é un dos xogos máis populares e conocidos de Galicia, sobre todo durante a temporada estival. Xe se xogaba no siglo XIX, no periódico de Lugo A Monteiro do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademáis afirmaba que non sabía que era o inventor, pero que non devía ser un calqueira, porque tiña máis utilidades das que parecía, dalle agilidade ó corpo, forza o brazo e enseña a calcular as distancias a ollo. 

Esencialmente consiste en darlle cun pao (palanca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o mais lonxe posible. 

Para fabricalo hay que cortar un pao duns 50 cm. de largo por 2 ó 3 cm. de ancho, de madeira o máis dura posible. A continuación agudízase polo dous extremos outro palo da misma anchura duns 15 cm. de largo.

Xógase entre dous ou mais xogadores que, dende unha marca ou un círculo dibuxado no chan golpea a billarda coa palanca nunha das súas puntas para levantala, e cando esta está no aire golpéase forte para enviala o máis lonxe que se poida do círculo de inicio. O xogador que queda máis lonxe empeza o xogo da mesma maneira golpeando a billarda tres veces en dirección da salida, mentras un xogador contrario intenta cortarlle o camiño. 

O terminar a tirada tense que calcular a distancia, en palancas que hai ata o círculo, e se acerta convertense en puntos, e se non acerta pasan ó equipo contrario, que empezará de novo o xogo.

A Liga Nacional de Billarda chega a Campolongo