PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



A VII Eurocidade BTT reunirá a máis de 1.200 participantes

Viernes, 02 Marzo 2018 16:17
Valora este artículo
(0 votos)
por

O próximo domingo 4 de marzo, a partir das 09.00 horas españolas, dende a piscina municipal de Valença, sairá a “VII Eurocidade BTT”, proba deportiva de ciclismo de montaña, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, que percorrerá polas dúas cidades e polos dous montes, o Aloia e o Faro, con dous posibles percorridos, un de 42 e outro de 74 quilómetros, dependendo do nivel de cada participante.

 

A organización pechou o pasado sábado as inscricións, chegando ao número máximo de participantes. Un total de 1.260 ciclistas, chegados na súa maior parte de Portugal e Galicia, tomarán a saída na proba máis participativa do calendario da Eurocidade 2018, que ano a ano segue sendo cita fixa no calendario dos afeccionados ao BTT. Dado o número de inscritos, a organización estableceu tres puntos de recollida de dorsais: XtremBike (tenda de bicicletas de montaña de Vigo) o venres pola tarde e o sábado de mañá; en GripBikes Tui o sábado pola tarde; e por último, o día da proba, dende ás 08.00 ata as 08:45 horas españolas, na zona da saída.

 

Os acompañantes dos participantes poderán participar nunha andaina, que percorrerá a ribeira do Miño, entre Valença e Tui, cos monitores do Club AndaTui Rego da Pedra. A proba estará controlada en todo momento polos membros da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, pola GNR, a Garda Civil, a policía local de Tui, así como pola Cruz Vermella Española, Cruz Vermelha Portuguesa e Bombeiros Voluntarios de Valença. Con motivo desta proba, a Ponte Internacional, a Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, rúa Cuenca, rúa San Telmo, rúa Antero Rubín, rúa Canónigo Valiño e San Bartolomé, estarán pechadas dende as 09.00 ata as 10.30 horas españolas, sendo habilitadas zonas de saídas alternativas para aqueles que o necesiten, solicitando dende o Concello a máxima colaboración dos veciños e veciñas de Tui.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates