viernes. 29.03.2024

A Deputación de Ourense colabora na I Carreira das Empresas, un evento organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE) de Ourense que terá lugar o vindeiro 15 de marzo, con saída dende o Pazo dos Deportes "Paco Paz".

 

O obxectivo é "unir economía, empresa e deporte para fomentar a actividade empresarial na provincia de Ourense baseándose en valores do deporte como son o traballo en equipo, a emoción, o empeño, o equilibro e a estratexia, termos todos que comezan pola letra "E", como "empresa", explicou hoxe Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, no acto de presentación do evento.

 

Xunto ao presidente provincial participaron na presentación a presidenta da AJE Galicia, Carmen José López; o presidente de AJE Ourense, Lois Babarro Alén, e o concelleiro de Facenda do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero. Segundo explicou Lois Babarro, a carreira percorrerá unha distancia de 6 quilómetros e a inscrición terá un custe de 7 euros. Poderán participar todos os traballadores das empresas ourensáns que o desexen.

 

Ao remate da carreira, os corredores poderán intercambiar experiencias sobre o evento e participar nunha sesión de networking, co obxectivo de ampliar as redes de contactos empresariais e buscar oportunidades de negocio. As empresas poden formalizar as súas incricións por equipos de 2, 3 ou máis participantes e haberá tamén unha categoría individual para traballadores autónomos.

 

A Deputación de Ourense colabora na I Carreira das Empresas, evento que une economía e...