jueves. 18.04.2024

Deputación de Ourense e Real Aeroclube de Santiago formarán pilotos de drons

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e a xerente do Real Aeroclube de Santiago, Maria Luisa Barandiarán, asinaron un convenio de colaboración para a impartición en Ourense dun curso avanzado de piloto de drons. A Deputación de Ourense, seguindo a súa liña de innovación, convértese na primeira deputación de España en asinar un convenio que permita a formación de pilotos destas aeronaves teledirixidas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e a xerente do Real Aeroclube de Santiago, Maria Luisa Barandiarán, asinaron un convenio de colaboración para a impartición en Ourense dun curso avanzado de piloto de drons. A Deputación de Ourense, seguindo a súa liña de innovación, convértese na primeira deputación de España en asinar un convenio que permita a formación de pilotos destas aeronaves teledirixidas. Esta aposta da institución provincial por este área de formación da resposta á necesidade de persoal formado nunha actividade que ten cada vez mais importancia, o cal pode supor unha importante saída laboral para xente de Ourense.

 

Este tipo de formación só pode ser impartida por entidades habilitadas pola AESA(Axencia Estatal de Seguridade Aérea) como ATO (Approved Training Organization), contándo o Real Aeroclube de Santiago con dita acreditación. En palabras de Manuel Baltar "este acordo de formación supón unha primeira pedra nunha área de actividade que promete moito futuro na provincia de Ourense". O devandito curso terá unha duración de 82,5 horas distribuídas en dúas partes: por unha banda a compoñente teórica, de 75 horas, e por outra banda, a compoñente práctica de 12,5 horas lectivas.

 

O curso incluirá formación sobre lexislación, procedementos operacionais, navegación e interpretación de mapas, performance da aeronave, comunicación e fraseoloxía, coñecemento xeral da aeronave, meteoroloxía, coñecementos ATC e comunicacións avanzadas. Á finalización do curso os alumnos que aproben o exame final recibirán o certificado de completar a ensinanza teórica de coñecementos como pilotos de RPA´s segundo o previsto na Lei 8/2014

Deputación de Ourense e Real Aeroclube de Santiago formarán pilotos de drons