PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Deputación e ABANCA renovan o Plan Activamos-Transforma Ourense: 77 millóns en financiamento á provincia

Martes, 20 Febrero 2018 16:39
Valora este artículo
(0 votos)
por

A Deputación de Ourense e ABANCA dan un novo impulso ao seu programa conxunto de financiamento, o “Plan Activamos–Transforma Ourense”, coa sinatura hoxe deste acordo de colaboración, asinado entre o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, un novo convenio de colaboración que gaña en capacidade e impulso do desenvolvemento económico e social de Ourense. No acto, no que tamén participou o director territorial da entidade bancaria en Ourense, Rubén Saavedra, púxose de manifesto a consolidación desta iniciativa, creada polas dúas entidades en 2014 e que pecha a súa terceira edición como unha peza relevante na inxección de crédito a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia de Ourense.

 

No acto, celebrado no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, coa presenza de empresarios e representantes institucionais, o presidente do goberno provincial expresou que este é “un compromiso de renovación dunha alianza estratéxica entre a Deputación de Ourense e ABANCA por medio do Plan Activamos-Transforma Ourense, que xa figuraba no Plan de mandado “Ourense 92”, que se inclúe no actual, “Ourense 15-19” e que estará contemplado tamén no seguinte, que será o Plan “Ourense 7273”. Baltar destacou que ABANCA ten parte do seu berce en Ourense e está presente nas maioría das actividades que se organizan nos concellos da provincia, de aí a importancia da súa capilaridade e da súa rede de oficinas”.

 

“Así se fai Ourense –remarcou o presidente-, con esa colaboración público-privada e con estas liñas de axudas pensando nos autónomos, nos empresarios, nos cidadáns en xeral e nas corporacións locais, motores institucionais da nosa provincia”. Manuel Baltar cualificou esta cooperación con ABANCA como “unha aposta, clara evidente e con resultados”. “Ver agora –dixo- esas cifras de máis de 77 millóns de euros en financiamento para a provincia de Ourense e esas máis de 2.600 operacións formalizadas para impulsar a competitividade, fan que as miñas palabras sexan de parabéns para ABANCA pola xestión deste plan, que nós difundimos e incentivamos”. “É o momento –concluíu- de seguir apostando por esta estratexia de colaboración e pola provincia de Ourense”. Santiago Novoa resaltou o alcance que este programa de apoio financeiro ten no tecido económico e social da provincia, e agradeceu a colaboración que está a prestar a Deputación de Ourense.

 

O directivo de ABANCA sinalou que “o Plan Activamos-Transforma Ourense consolídase como garantía da inclusión financeira e como principal impulsor do crédito ás empresas e autónomos da provincia de Ourense”. “Estou convencido de que nestes tres anos apoiamos a empresas que en pouco tempo converteranse en referentes económicos de Ourense”, engadiu Novoa. Pola súa banda, Rubén Saavedra explicou que ABANCA “avanza no seu compromiso con Ourense a través dun programa de crédito que se dirixe ao tecido produtivo da provincia e que nos permite apoiar iniciativas que garanten o noso futuro”, engadido que “o Plan Activamos-Transforma Ourense é sinónimo de emprendemento, de crecemento, de investimento, de mellora tecnolóxica, de creación de emprego, de aforro e de compromiso co medioambiente”.

 

Apoio ao tecido empresarial

O Plan Activamos–Transforma Ourense mantén o impulso na achega de crédito ás iniciativas que se xeran na provincia. O programa formalizou desde a súa creación un total de 2.627 operacións cun importe global de 77,7 millóns de euros. Máis de nove de cada dez euros concedidos por este programa destináronse a pemes e autónomos, que supuxeron 2.503 formalizacións por un importe global de 72 millóns. Desta cantidade, o plan concedeu 35 millóns a atender ás necesidade de circulante das pemes e autónomos, 29 millóns a acometer novas inversións, 6,3 millóns ao emprendemento, 0,9 millóns á creación de emprego e 0,4 millóns á mellora enerxética.

 

As corporacións locais tamén se beneficiaron do Plan e neste período formalizáronse un total de 33 operacións por un importe total de 4,7 millóns de euros. Este financiamento reverte directamente nos veciños destes municipios grazas á posta en marcha de proxectos dirixidos a mellorar os servizos. As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos-Transforma Ourense permitiron a inxección de preto dun millón de euros en crédito na provincia, principalmente para financiar pequenas obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de case 11.000 euros.

 

Novidades

As principais novidades do plan son o incremento dos límites das liñas para pemes e autónomos, que se duplica ata os 200.000 euros, e a creación dunha nova modalidade para familias que queiran rehabilitar vivendas en contornas rurais. Esta nova edición mantén unha ampla oferta de produtos adaptada ás necesidades dos distintos colectivos, así como tarifas competitivas ou condicións máis flexibles e vantaxosas. Un ano máis, aposta por eliminar as comisións máis habituais, introducir amplos prazos de amortización e ofrecer carencias en aquelas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos. O Plan inxectou máis de 500 millóns no tecido produtivo de toda Galicia desde a súa posta en marcha en 2014.

 

Trátase dunha iniciativa que financia a pemes e autónomos na posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos seus negocios e tamén cobre necesidades de circulante. Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa de financiamento préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, adquisición de vehículos eficientes e a rehabilitación de vivendas en contornas rurais. Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e necesidades de tesourería, sen esquecer que teñen a súa disposición avais e liñas de confirming con tarifas especiais.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates