jueves. 18.04.2024

En virtude do acordó asinado polas empresas ODL, Stac, Aluminios Padrón, Gama e Hijos, Curvados Anros, Maimbar, Alfogar, Fundivisa, Tune Eureka e Barton coa Consellería de Educación, o IES de Valga oferta a Formación Profesional Dual do ciclo de grao medio de Soldadura e Caldeiraría para o que aínda quedan prazas.

 

Este ciclo está programado a dous anos, impartíndose unha parte da formación no IES de Valga e outra nas empresas participantes. Os alumnos percibirán unha bolsa por un importe mínimo de 350 euros mensuais durante todo o ciclo. Ademais, o alumnado terá dereito a un mínimo de trinta días naturais de vacacións en cada un dos cursos do proxecto.

 

Os requisitos para o alumnado son:

- Ter entre 18 e 29 anos no ano natural en que se inicien os estudos - Cumprir os requisitos establecidos no artigo 41 da Lei 2/2006, entre eles estar en posesión do Título de Educación Secundaria ou ter superado a proba de acceso aos ciclos de grao medio.

- Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requerida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo Lugar da presentación:

- A presentación da solicitude terá lugar no IES de Valga. Este modelo de solicitude tamén está disponible no enderezo https://www.edu.xunta.es Documentación a presentar:

- DNI, certificación da titulación que presenta como requisito e curriculum vitae Prazo de matrícula: - O prazo estará aberto ata o día 15 de novembro. Rematado o prazo haberá unha selección dos participantes

O IES de Valga oferta a FP dual do ciclo de Grao Medio de Soldadura e Caldeiraría