PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Vimianzo acolle a xornada inaugural do programa de Emprego conxunto con Muxía e Camariñas

Martes, 15 Septiembre 2020 19:28
Valora este artículo
(0 votos)
por

Os alcaldes e alcaldesas de Vimianzo, Camariñas e Muxía; Mónica Rodríguez, Sandra Insua e Iago Toba respectivamente, inauguraron hoxe o programa de Emprego que artellan os tres concellos ‘Xuventude polo emprego’, que permitirá formar a 16 mozos e mozas incluídos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

 

O acto tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo. Os rexedores decidiron unir forzas co obxectivo de fomentar o emprego, aumentar a inserción laboral e mellorar as capacidades dos seus veciños e veciñas. Así, conseguiron unha subvención de 369.492,32 euros para levar a cabo o programa de emprego, que está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Fondo Social Europeo ‘Iniciativa de Emprego Xuvenil, o FSE inviste no teu futuro’. A sede estará en Vimianzo, como entidade promotora, pero as prazas repartiranse de xeito equitativo entre Vimianzo, Camariñas e Muxía.

 

Desenvolveranse dous módulos: ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’. Todos os alumnos terán un contrato de traballo durante a súa formación, que se desenvolverá do 15 de setembro de 2020 ao 14 de setembro de 2021, con 1920 horas lectivas. Xuventude polo Emprego Divídese en dous módulos, no caso do primeiro os obxectivos son: desenvolvemento de aplicacións web para asociacións e a creación de ferramentas para a bolsa de emprego municipal, para a xestión do arquivo audiovisual municipal e de axenda de eventos territorio. Tamén se encargarán de elaborar aplicacións para as áreas de turismo.

 

Os obxectivos do segundo módulo son: montaxe de casetas multifuncionais en Vimianzo e Camariñas, actuación na fachada da biblioteca municipal de Camariñas, mantementos e mobiliario en todo Vimianzo e específicamente na escola de Reboredo e na de Señoráns e arredores, mantementos e melloras de chan e paramentos de madeira das oficinas da Casa de Pedra de Camariñas e o mantemento e a mellora de elementos de madeira da área fluvial do Río Negro en Muxía.

 

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo ‘agradecer ás ADL de Vimianzo, Rosa Sánchez; de Camariñas, María Jiménez e de Muxía, Anabel Piñeiro, o seu inconmensurable traballo. É un orgullo que tanto vimianceses, muxiáns, camariñáns poidades iniciar esta experiencia e ogallá signifique unha clave fundamental na vosa vida laboral. Deséxovos moitísima sorte’, subliñou a rexedora.

 

Pola súa banda, o alcalde de Muxía, Iago Toba, plantexou unha refllexión referida á ‘unión. Cando a xente, as persoas, traballan en equipo os resultados sempre son positivos. Muxía eramos un dos municipios que levabamos moito tempo sen un obradoiro, e a pesar das dúbidas iniciais pois nós seguímolo intentando. Reitero os agradecementos a Rosa, María e Anabel.

 

Son tres profesionais que saben da importancia que ten este obradoiro. Isto merecerá a pena si tan só un de vós consegue atopar unha saída laboral ao finalizar esta andaina’, destacou. Por último, Sandra Insua, rexedora camariñana, enfatizou ‘os agradecementos ás tres ADL dos Concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas, resaltando tamén a unión entre os tres concellos para poñer á disposición das persoas inscritas no programa recursos tanto técnicos como económicos’, incidiu. Destacou tamén que ‘continuaremos apostando por impulsar este tipo de iniciativas, tan necesarias neste contexto e fundamentais para a xente nova, que serán o sustento da nosa sociedade o día de mañá’, finalizou.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates