viernes. 19.04.2024

Manuel Baltar: "Ourense é a capital do termalismo, con Termatalia como escaparate"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de inauguración da 15º edición da Feira internacional de turismo termal, saúde e benestar "Termatalia" 2015 que estes días "Ourense é a capital termal do mundo e ten a Termatalia como escaparate", destacando que este certame, o máis importante no seu sector, "é un evento perfectamente consolidade e unha mostra do excelente traballo que se realiza en Expourense".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de inauguración da 15º edición da Feira internacional de turismo termal, saúde e benestar "Termatalia" 2015 que estes días "Ourense é a capital termal do mundo e ten a Termatalia como escaparate", destacando que este certame, o máis importante no seu sector, "é un evento perfectamente consolidade e unha mostra do excelente traballo que se realiza en Expourense".

 

O presidente do goberno provincial participou no acto de inauguración xunto ao ministro de Sanidade, Alfonso Alonso; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do comité organizador, Juan Carlos Parada; o secretario de Turismo de Santiago del Estero (Arxentina), Rubén Ricardo Sosa; o presidente do comité asesor, Miguel Mirones, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Manuel Baltar tivo palabras de benvida para o ministro de Sanidade e para os visitantes que estes días se achegan a Ourense, e destacou a importancia de que "en pouco tempo poderase chegar por medio da Alta Velocidade á nosa provincia, capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e iso incrementará sen dúbidas o atractivo da nosa terra e as potencialidades que temos", entre as que citou ao termalismo "como motor e un dos eixes estratéxicos da economía ourensá".

 

O presidente da Deputación dixo sentir gran satisfacción por recibir a visita de todos en Ourense, "a provincia termal, a que conta con máis concellos e vilas balnearias de España, e na que estamos a desenvolver conxuntamente coa Xunta de Galicia o Plan termal provincial". Manuel Baltar concluíu felicitando tamén aos organizadores do I Congreso Internacional da Auga, que se está a celebrar en Expourense, promovido polo Campus de Ourense.

 

"Todo elo fai que Termatalia sexa estes días o escaparate de Ourense para o mundo, algo que todos temos que promover e potenciar". Coa participación de 25 países, cerca de 300 expositores e Arxentina como convidado especial, Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social, que terá lugar entre hoxe e o vindeiro sábado, con presenza masiva de representantes de América Latina e Europa.

 

Nesta edición, o salón do termalismo cumpre seu décimo aniversario como certame de carácter internacional, segundo destacou seu principal impulsor e xerente de Expourense, Alenjadro Rubín. Asemade, Jesús Vázquez e Nava Castro coincidiron en afirmar a fortaleza de Ourense como referente termal, "unha terra de auga, que é a nosa esencia, terra que xunto co resto de Galicia engloba máis de 300 mananciais", dixo Nava Castro. Alfonso Alonso destacou á provincia de Ourense como "referencia no termalismo, tanto en España como no ámbito internacional, algo que desde o Goberno seguiremos apoiando porque termalismo é sinónimo de saúde e calidade de vida".

 

Tamén avanzou Alonso que no consello de ministros de mañá venres aprobarase o Programa do Imserso para 2016, que terá, dixo, unha dotación de 36 millóns de euros e un impacto económico de 124 millóns de euros, afirmando que haberá un incremento de 2.200 novas prazas, "sendo Galicia a comunidade autónoma que participa con máis forza neste programa, cunha oferta por parte da provincia de Ourense moi difícil de igualar".

Manuel Baltar: "Ourense é a capital do termalismo, con Termatalia como escaparate"