viernes. 19.04.2024

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense.

 

Dende o 18 ó 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ó 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O.

 

Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2017. En total, estarán presentes 17 empresas que repsentan a 26 marcas que supoñen o 100% das marcas vendidas en Ourense e o 98% das vendidas en España.

 

Estas citas foron presentadas esta mañá en Expourense nun acto no que participaron o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o presidente de A.C.AU.T.O., Ramón Seijas; o director territorial de ABANCA, Rubén Saavedra; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín; e os representantes de Cáritas Ourense, Javier Soto, e de Stop Accidentes, Daniel Posada.

 

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

 

Estas citas contan co patrocinio de ABANCA e a colaboración do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ourense que facilitará o reparto de invitacións para visitar o salón entre aqueles corredores, maiores de idade, que participen Carreira Popular de San Martiño que se celebrará este domingo día 20 de novembro.

 

A entrega farase no momento da recollida do dorsal. Outra das novidades deste ano será a colaboración de Expourense e A.C.AU.T.O. con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón a esta entidade. Ademais, se o gañador do bono desconto de 6.000 euros tivera mercado un vehículo por un importe inferior, esa diferencia tamén se destinaría a Cáritas.

 

Ademais os organizadores colaborarán con “Stop Accidentes” que contarán cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Ruta” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación. O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes.

 

Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Por primeira vez contarase ademais cun servizo de ludoteca. Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración destes salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, AVANT incluída. Pode ampliarse a información en www.expourense.org.

 

NOVIDADES AUDI - Q2; A5 BMW - X1; MODELOS "X" CITROEN - C3; C4 PICASSO DS - SERIE LIMITADA PERMORMANCE FIAT - TIPO 3 VERSIÓNS (SEDAN ; SW ; HATCH BACK 5 PUERTAS) FORD - EDGE; KUGA; KA + HYUNDAI - LONIQ KIA - OPTIMA SPORTWAGON; NÍRO HÍBRIDO CROSSOVER MAZDA - MAZDA 3 ; MAZDA 6 MERCEDES - GLC COUPE PEUGEOT - 3008 RENAULT - SCENIC ; GRAND SCENIC SEAT - ATECA SKODA - OCTAVIA COMBI RS; NUEVA GAMA LIKE SKODA SUZUKI - S-CROSS TOYOTA - RAV4 HÍBRIDO; PRIUS; CHR VOLKSWAGEN - UP!; TIGUAN; TOURAN R-LINE VOLVO - S90

Todos os concesionarios oficiais da provincia de Ourense acoden ó 8º Salón do Automóbil