PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Ourense | Ferias

Dobre cita para as familias esta fin de semana en Expourense con Celebra e Bebega

Martes, 10 Octubre 2017 13:04
Valora este artículo
(0 votos)
por

Expourense ofrece esta fin de semana do 14 e 15 de outubro unha dobre cita para as familias: Celebra, que cumpre a súa maioría de idade con 18 edicións e BEBEGA, que nace para ofrecer unha mostra especializada no bebé. En total, máis de 60 expositores que presentarán a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás, xa que ó redor do 90% proceden desta provincia.

 

Estas citas foron presentadas esta mañá na sede da Confederación Empresarial de Ourense, CEO, nun acto que contou coa participación do secretario xeral da CEO, Jaime Pereira; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense e dos comitñes asesores de Celebra e Bebega, Beatriz Pérez; a directora adxunta de Expourense, Emma González; o coordinador da pasarela, Manu Varela; e os responsables das firmas ourensáns que van colaborar na pasarela. Todos eles coincidiron en destacar que a personalización e a diferenciación son as principais tendencias á hora de organizar un evento.

 

Celebra A 18ª edición de Celebra contará presentará unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc.

 

Unha ducia de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en restauración, organización de viaxes e animación de eventos que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, aluguer de vehículos, xoiería, perruquería e estética, fotografía, floristería, agasallos e prensa especializada. Destaca a presenza de varias empresas especializadas na organización integral de eventos e animación, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas.

 

As pasarelas volverán convocar ao público que se achegue para coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e festa. Terán lugar tanto o sábado como o domingo ás 18.00 h. e contarán coa participación das seguintes empresas: Alvarino (traxes de noivo e cerimonia); Angelo Milano (traxes de noivo e ceremonia); Drácena (arranxos florais); Loyma (xoiaría); Nicandra (moda noivas e festa); Noar Novias (moda noiva); Paris Diffusion (perruquería e estética). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademais todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio.

 

As empresas expositoras ven en Celebra unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos especializados. Ó mesmo tempo, poderán captar novos clientes a curto e medio prazo. Celebra concentra un importante volume de negocio, xa que o custo medio dunha voda en Galicia (100 convidados) está a rondar os 16.534 euros (ano 2015), segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).

 

Bebega

Bebega nace como unha mostra especializada no bebé para axudar ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. As empresas e asociacións participantes ofrecerán un escolma de productos e servizos orientado ao benestar do bebé: puericultura, moda, decoración, agasallos, desenvolvemento intelectual, seguridade viaria, atención sanitaria… Esta mostra conta ademais coa participación da Asociación Galega de Matronas que participarán nesta cita para resolver as dúbidas tanto das embarazadas como das que veñen de dar a luz. Os visitantes de Bebega poderán participar en numerosos sorteos de material para bebés.

Esta exposición compleméntase cun completo programa de charlas e obradoiros. Este será o programa:

 

Sábado 14 de outubro 11.30 h.- ¿Sabes o que unha matrona pode facer por ti? Muller, coñece a túa fertilidade. Imparte: Asociación Galega de Matronas. 12.30 h.- Seguridade viaria infantil. A súa seguridade non é un xogo de nenos. Imparten: Benito Bouzada. Garda Civil de Tráfico. Colaboran: Stop Accidentes e A.C.A.U.T.O. 17.00 h.- Obradoiro para mamás e papás de masaxe infantil con bebés ata 8 meses. Organiza: NENOOS Ourense. Imparte: Isabel Cachaldora. Instrutora de NENOOS. Doutora en Psicoloxía Evolutiva pola Universidade de Vigo. Diplomada e Técnico Superior en Educación Infantil. 

 

Domingo 15 de outubro 11.30 h.- Humanizar o parto empoderando á muller. Sostendo a lactación unidos polo ben común, sen conflito de intereses. Imparte: Asociación Galega de Matronas. 12.30 h.- Obradoiro para mamás e papás de ximnasia e ioga para bebés (de 8 meses ata 16 meses). Organiza: NENOOS Ourense. Imparte: Isabel Cachaldora. Instrutora de NENOOS. Doutora en Psicoloxía Evolutiva pola Universidade de Vigo. Diplomada e Técnico Superior en Educación Infantil.

 

A asistencia a estas actividades é gratuíta. Recoméndase a reserva da praza no 988 36 60 30 ou escribindo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

O horario de apertura para esta dobre cita para o sábado 14 e domingo 15 de outubro en Expourense será de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas. A entrada terá un custo de 2 euros e permite acceder as dúas feiras. Pódense conseguir invitacións nas empresas que participan como expositoras. Toda a información do evento pódese consultar en www.expourense.org e nos perfís das feiras en Facebook e Twitter.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates