PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Investigan a morte por disparo dunha loba en Coristanco

Miércoles, 28 Marzo 2018 15:20
Valora este artículo
(0 votos)
por

Os axentes medioambientais do Distrito II (Bergantiños-Mariñas Coruñesas) investigan a morte por disparo dunha loba no lugar da Rabadeira, na parroquia de San Mamede de Seavia, no concello coruñés de Coristanco. O cadáver foi retirado o pasado sábado 24 e presentaba mostras evidentes de que a morte se debeu a un disparo. Os axentes recolleron na zona os indicios que poidan permitir dar co autor destes feitos. O disparo, presuntamente, efectuouse na zona de seguridade próxima ás vivendas do lugar da Rabadeira e en dirección a unha estrada. Os feitos constitúen diversas infraccións á Lei de Caza de Galicia.

 

O colectivo profesional que ten o cometido de preservar a flora e a fauna lembra que está prohibido abater un lobo sen a correspondente autorización. Ademais, cómpre sinalar que estamos fóra da tempada de caza. Segundo a información dispoñible, non existen reclamacións nos últimos anos na zona a causa de danos producidos por esta especie, polo que non hai ningunha xustificación para este suceso. Os axentes medioambientais sinalan que este animal é o único preeiro que pode controlar a poboación de xabarín, que si ocasiona danos nos cultivos agrícolas da zona.

 

Ademais do disparo que supostamente causou a morte da loba, o cadáver presentaba varios orificios nas patas traseiras coa apariencia de ser ocasionados por perdigóns. Non obstante, son dunha ocasión anterior á data da aparición do cadáver. Á espera dos resultados da necropsia, os axentes medioambientais solicitan a colaboración cidadá para que calquera persoa que teña algún dato do suceso se poña en contacto do Distrito II da comarca de Bergantiños ou que acuda á oficina comarcal do distrito ambiental, situada no edificio Fórum de Carballo.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates