PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Padrón organiza un intercambio xuvenil con mozos e mozas de Francia, Grecia, Italia, Bulgaria e Portugal

Viernes, 20 Abril 2018 17:51
Valora este artículo
(0 votos)
por

A Concellería de Xuventude de Padrón está a organizar ao abeiro do programa Erasmus Plus un intercambio xuvenil entre mozos/as padroneses/as e unha delegación formada por unha trintena de participantes de Francia (Lisses), Grecia (Tesalónica), Italia (Roccalumera), Bulgaria (Pavlikeni) e Portugal (Buarcos).

 

Esta iniciativa, na que poderán participar catro mozos/as residentes en Padrón e con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, enmárcase no proxecto "Circular Economy: Sustainable working methods for the future" e trátase da segunda fase dun programa que xa trouxo ata Padrón a comezos de mes a 15 responsables de políticas de xuventude e técnicos de información xuvenil e medio ambiente dos países participantes. As actividades permitiranlle aos mozos/as reforzar competencias clave como a comunicación noutras linguas, a expresividade, o traballo en equipos multiculturais e a tolerancia e o respecto.

 

Os/as mozos/as padroneses/as seleccionados deberán exercer de anfitrións e acompañarán ao grupo entre os días 27 de abril e 3 de maio, asistindo a obradoiros, visitas de estudo e outras dinámicas e tentando favorecer a integración dos visitantes dos diferentes países.

 

A participación nestas actividades é totalmente gratuíta e inclúe a comida xunto aos participantes, os desprazamentos internos e as visitas a museos tamén de balde durante os cinco días nos que se desenvolverán as actividades. Ao remate, os participantes no intercambio recibirán un Youthpass, certificado que emite a Comisión Europea e que recoñece a adquisición de habilidades, destrezas e competencias durante un proxecto europeo de mobilidade.

 

A selección dos participantes padroneses realizarase por rigorosa orde de inscrición e os/as interesados/as poderán anotarse desde as 9.00 horas de mañá sábado ata as 14.00 horas do día 25 de abril enviando un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., adxuntando o nome, apelidos, data de nacemento, teléfono, e-mail de contacto e o DNI escaneado. Lémbrase que para poder participar é imprescindible ter coñecementos de inglés.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates