Imprimir esta página
Salceda de Caselas | Pontevedra

Os montes de Picoña cambian de cor

Martes, 07 Noviembre 2017 18:05
Valora este artículo
(0 votos)
por

Os montes da parroquia de Picoña, en Salceda de Caselas están empezando a recuperarse do inmenso incendio que a devastou o 15 e 16 de outubro deste ano. Neste incendio resultou queimado o 98% do monte comunal (unhas 300 ha. de 307 ha.). Moita culpa desta recuperación é por mor dos traballos de voluntarios e voluntarias que levan uns días facendo labores de recuperación nas zonas mais sensibles do monte.

 

Concretamente estase botando palla en zonas de moito desnivel, zonas de ausencia de arborado e regueiros. Coa axuda de veciños/as e voluntarios/as chegados de toda a comarca calcúlase que se distribuirán uns 7.500 kg de palla que o Concello de Salceda de Caselas conseguiu para este fin. A superficie estimada de actuación ronda as 3 hectareas.

 

As persoas interesadas deben de poñerse en contacto co Voluntariado do Concello no telefono 986349003 para poder anotarse e dispoñer dun seguro de accidentes. As quendas que se están a realizar son de 10 da mañá ás 13h. e de 16.00 h. a 18.30h pola semán. A directiva da Comunidade de Montes de Picoña quere agradecer a labor desinteresada de tódalas persoas que están a colaborar nestas actividades a prol dun monte vivo e ordeado.

NOTICIAS RELACIONADAS...