PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Máis de 200.000 escolares de educación infantil e primaria e educación especial comezaron o curso 2014/2015 o 10 de setembro

Jueves, 18 Septiembre 2014 11:53
Valora este artículo
(1 Voto)
por
  • Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 65.093 alumnos e alumnas, un 3,2% menos ca no curso anterior. 
  • En Primaria medra o alumnado un 1,1%, ata acadar os 134.968 estudantes. 
  • Na educación especial o descenso de nenas e nenos matriculados é do 4% O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato.

 

O pasado día 10 de setembro, comezaron as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 201.383 alumnos e alumnas, o que supón un 0,3% menos ca no curso 2013/2014, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 65.093 alumnos e alumnas comezaron o mércores 10 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 3,2% menos ca no curso 2013/2014, un descenso que nos centros públicos é do 3,5%, derivado da progresiva caída da natalidade. Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

primaria1

 

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

 

primaria2

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 134.968 alumnos e alumnas tamén comezaron o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 1,1% máis ca no curso 2013/2014.

 

primaria3

 

 

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é do 10%:

 

primaria4

 

 

 

EDUCACIÓN ESPECIAL

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.322, un 4% menos ca no 2013/2014.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

primaria5

 

CENTROS ESCOLARES

Os centros que desde o 10 de setembro impartirán ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial, quedan distribuídos do seguinte xeito:

primaria6

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O mesmo día do comezo de curso escolar empezaron a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

 

Así este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 71.731, das cales 11.692 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas – ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades.

 

En total o departamento educativo da Xunta xestiona de forma directa 302 comedores escolares e de forma indirecta – a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- outros 129.

 

Pola súa banda as ANPAS son responsables de 143 comedores e os Concellos de 34.

 

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións- a 93.190 alumnas e alumnos de 784 centros públicos a través de 3.846 rutas e 2.279 autobuses.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates