viernes. 29.03.2024

A Consellería de Cultura e Educación é a Comunidade Autónoma con máis axudas (e de maior importe) á compra de libros de texto, unha liña de bolsas que mantén – para a compra de manuais- un ano máis. A Xunta está a facer un importantísimo esforzo económico para manter as axudas á adquisición de libros de texto, unhas bolsas que moitas Comunidades Autónomas suprimiron ou baixaron de forma considerable.

 

Galicia é a CA que máis inviste en libros, con 20 millóns de euros, fronte aos 6 millóns de Castela-León, con idéntico número de alumnos, ou aos 3 millóns de Extremadura, con algúns menos. Cómpre salientar que se mantén o mesmo importe das axudas (90, 104, 170, 180 ou 250 euros, en función da renda ou de se se trata de educación especial), e que os cadernos que veñen adxuntos ao libro de texto por considerarse parte inseparable del poden ser adquiridos co vale.

 

Tendo en conta este esforzo, e que a Consellería tivo coñecemento a través da propia Federación de Libreiros de que nunha alta porcentaxe o vale era empregado para artículos que non eran libros de texto nin material escolar de uso necesario, este ano a axuda destínase únicamente á compra de manuais, que deberán despois pasar a formar parte do banco de libros dos centros, agás no caso de infantil 1º e 2º de educación primaria ou o alumnado de educación especial ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizable.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO (NON MATERIAL ESCOLAR)