martes. 16.04.2024

O Concello de Padrón abríu esta mañá a exposición fotográfica sobre a historia recente das Festas da Pascua realizada por Vicente Domínguez.

 

As imaxes, colgadas ao aire libre na rúa Fondo de Vila co obxectivo de achegar a mostra a veciños e visitantes e axudar á ambientación da festa, foron colocadas esta mañá coa presenza do autor. Posteriormente, o alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, percorreron a exposición e estiveron departindo co autor.

 

A vila está a acolller cada vez un maior número de visitantes a medida que se achegan as datas festivas da Semana Santa. Nestes días, e ata o prato forte da fin de semana, o programa céntrase nas actividades deportivas, como o Campionato de Tenis Pascua 2017, as finais do VI Torneo de Fútbol Base, o I Trofeo Benéfico Terras de Iria de Fútbol Sala e o Campionato Galego de Xadrez.

A mostra fotográfica de rúa de Vicente Domínguez quece os motores da Pascua 2017