PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



A XXI Festa gastronómica do Pemento do Couto celebrarase os vindeiros días 20 e 21 de xullo

Viernes, 12 Julio 2019 00:00
Valora este artículo
(0 votos)
por

A parroquia naronesa do Couto acollerá os días 20 e 21 de xullo unha nova edición, a vixésimo primeira, da Festa gastronómica do Pemento do Couto. A alcaldesa, Marián Ferreiro, a edil de Festas, Natalia Hermida e Tomás Casal, da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, presentaron  a programación deseñada para a ocasión, excusando a ausencia no acto do edil de Promoción Económica, José David Pita, e dos representantes da AVV do Couto, que por motivos de última hora non puideron asistir.

 

A alcaldesa da cidade incidiu na gran afluencia de público que ano tras ano rexistra esta celebración na cidade e agradeceu o traballo realizado polos produtores e envasadores do pemento do Couto, o produto estrela desta celebración, así como o labor da entidade veciñal da parroquia e da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.

 

A programación do sábado, día das Noites no mosteiro, dará comezo ás 20.00 horas, cun showcooking a cargo do chef Héctor López –do restaurante “Español”, de Lugo- no Centro cívico social do Couto, donde preparará ante os asistentes varias elaboracións con pementos do Couto, tal e como avanzou a concelleira de Festas, Natalia Hermida.

 

A partir das 23.00 horas iluminarase o exterior do mosteiro do Couto con varias cores e motivos e entre as 23.00 e as 00.30 horas terá lugar no interior do cenobio naronés un concerto de música de arpa celta, a cargo da artista Bleuenn Le Friec, nativa da Bretaña francesa. A xornada das Noites no mosteiro rematará tras unha performance, Fadas da noite, que dará comezo ás 00.30 horas e na que un grupo de fadas bailarán ao son da música na zona do adro do mosteiro do Couto.

 

O domingo día 21 será a Festa gastronómica, cunha programación que se iniciará como é tradicional neste evento, coa lectura do pregón, este ano, tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, a cargo do artista, actor e director teatral naronés Leandro Lamas, a partir das 13.00 horas no Centro cívico social do Couto.

 

Unha vez rematado o pregón, sobre as 13.30 iniciarase o ritual de xuramento das novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto. Este ano pasará a formar parte da Orde o enxeñeiro agrónomo naronés Francisco Pico Sanjurjo. “Con esta distinción recoñecerase o labor que realizou recollendo datos e mostras para que o pemento do Couto contase coa distinción de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) concedida no ano 2010”, recordou Casal.

 

O xantar popular, explicou a edil de Festas, será a partir das 14.00 horas e o menú –cun prezo de 12 euros- terá novamente os característicos pementos do Couto como protagonistas, acompañados por churrasco e cachelos, pan, auga, viño e café ao tizón. Os tickets para o xantar poden adquirirse no Centro cívico social do Couto; na oficina da Cooperativa do Val e, no caso de quedar disponibles, o propio día da celebración no Centro Cívico do Couto.

 

A convocatoria rematará con música, a cargo dun grupo a partir das 17.30 horas para dar paso, ás 19.00 ao concerto do grupo Farrapos de Ghaita. A alcaldesa da cidade animou ás veciñas e veciños de Narón e doutras localidades a asistir a este evento, “desfrutando dos actos programados para os dous días, centrados no pemento do Couto, moi afamado xa fóra da nosa cidade, e no que non faltarán a maiores da degustación gastronómica a música e o baile”.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates