viernes. 29.03.2024

O programa de actividades da Ourense ICCWeek para mañá sábado, último día, inclúe o ICC Game Party, que se celebra no pavillón auxiliar do Pazo dos Deportes "Pazo Paz" da Deputación de Ourense. Nesta actividade o público asistente poderá gozar das últimas novidades no mundo do videoxogo con consolas e simuladores de todo tipo, área de probas, presentacións de produto, torneos en rede e un espazo de cómic e xogos de mesa con ambientación musical permanente e animación freak. O horario será: de 10:00 a 15:00: Actividades Libres; de 10:30 a 15:00: Torneo de Fifa li; e de 12:00 a 15:00: Torneo Guitar Hero.

 

O programa de actividades complétase con charlas técnicas na sesión da mañá (de 12.00 a 15.30 horas) con Philip Newell, especialista en son, quen falará de "A calibración de ámbitos acústicos para cine e a curva X. Feitos e mitos". Tamén na sesión da maña terá lugar o ICC Hall Vermú Club a cargo de Electric Feels e Isaac Torgal Dj, e ás 21.00 horas celebrarase o concerto de clausura do Ourense ICC Week a cargo de Marlango, Aurora & The Betrayers e Wöyza.

Game party, charlas técnicas e concertos de Marlango, Aurora & The Betrayers e Wöyza,...