viernes. 29.03.2024

Inauguración do Ourense ICCWeek, que converte á provincia en referente das industrias culturais e creativas

O Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolleu hoxe a inauguración da Semana das industrias culturais e creativas "Ourense ICCWeek", un acto que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e que tivo como relator a Pau Rausell, doutor e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universitat de Valencia, quen falou do "Impacto das industrias culturais e creativas nos territorios".

O Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolleu hoxe a inauguración da Semana das industrias culturais e creativas "Ourense ICCWeek", un acto que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e que tivo como relator a Pau Rausell, doutor e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universitat de Valencia, quen falou do "Impacto das industrias culturais e creativas nos territorios".

 

O Ourense ICCWeek reunirá dende hoxe e ata o vindeiro sábado en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral. O programa inclúe relatorios, entrevistas, net party, concertos, showcases, rede negocios e master class sobre radio, cinema, TV, industria musical, novas tendencias tecnolóxicas, Apps e vídeo-xogos, que se desenvolverán no Pazo dos Deportes "Paco Pazo" e en diferentes vilas da provincia de Ourense.

 

Manuel Baltar dixo que o Ourense ICCWeek "é un evento que se vai consolidar nos próximos anos e que fará que Ourense sexa un referente da creatividade, porque este é un territorio esencialmente creativo e poderemos contribuír así a seguir dándolle un pulo cultural e innovador á nosa provincia". Baltar destacou que esta iniciativa "converte a Ourense no centro de referencia das industrias culturais e creativas situándoa na vangarda do audiovisual durante esta semana", e salientou que Ourense ICCWeek "nace cunha visión integral de provincia pois promove e difunde a nosa cultura e riqueza monumental a cal se complementa coas iniciativas de vangarda que se están a dar nos ámbitos tecnolóxico, artístico e audiovisual e que poderán coñecerse no marco desta iniciativa".

 

Logo do acto inaugural e do relatorio de Pau Rausell tivo lugar o concerto de "The cinematic sound ensemble", maridado cunha cata de viño Ribeiro cortesía do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Os obxectivos deste proxecto son presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.

 

Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense. Xerar canles de comunicación entre emprendedores, empresarios e expertos do sector audiovisual e sensibilizar sobre a importancia das industrias culturais e de entretemento como oportunidades laborais e de negocio son outras das finalidades do "Ourenseiccweek", que terá a Radio 3 como emisora oficial do evento.

Inauguración do Ourense ICCWeek, que converte á provincia en referente das industrias...