viernes. 29.03.2024

Presentación do making off do vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o produtor audiovisual José María Besteiro, presentaron hoxe o making off do último vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense. Nun acto que tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Baltar e Besteiro explicaron as anécdotas e curiosidades da rodaxe, que se desenvolveu no Mosteiro de Oseira e outras localizacións da provincia de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o produtor audiovisual José María Besteiro, presentaron hoxe o making off do último vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense. Nun acto que tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Baltar e Besteiro explicaron as anécdotas e curiosidades da rodaxe, que se desenvolveu no Mosteiro de Oseira e outras localizacións da provincia de Ourense. Manuel Baltar dixo que en só 16 días dende a estrea do vídeoclip "persoas de 176 países buscaron en Google a palabra "Ourense" e o vídeo supera xa os dous millóns de visitas, o que amosa a importancia e o carácter internacional de Alejandro Sanz, un artista con 25 millóns de discos vendidos que é, sen dúbidas, un prescriptor de opinión".

 

Baltar destacou a profesionalidade de José María Besteiro e do seu equipo "para levar a cabo un traballo audiovisual de alta calidade", e subliñou que as dúas revolucións máis importantes que se teñen producido no ámbito social e da comunicación foron a musical, no século XX, e a tecnolóxica, no século XXI, "ámbalas dúas unidas son imbatibles como vehículo promocional". José María Besteiro dixo que todo este proxecto foi posible grazas a Manuel Baltar, e definiu ao presidente provincial como "un gran coñecedor dos ámbitos musical e tecnolóxico, que soubo valorar a impresionante repercusión que ten para a provincia de Ourense a realización desde vídeoclip, e por elo apostou por este proxecto dende o principio".

Presentación do making off do vídeoclip de Alejandro Sanz, gravado en Ourense