jueves. 28.03.2024

A Deputación de Ourense leva o cinema ao rural coa proxección do filme "A última viaxe do afiador"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", xunto co escultor Florencio de Arboiro e o cineasta Aitor Rei o programa "Cinema de Verán" que o goberno provincial desenvolverá ao longo dos meses de agosto e setembro para achegar o audiovisual ao rural da nosa provincia, en concreto, coa proxección da longametraxe documental A última viaxe do afiador, de Aitor Rei.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", xunto co escultor Florencio de Arboiro e o cineasta Aitor Rei o programa "Cinema de Verán" que o goberno provincial desenvolverá ao longo dos meses de agosto e setembro para achegar o audiovisual ao rural da nosa provincia, en concreto, coa proxección da longametraxe documental A última viaxe do afiador, de Aitor Rei. Q

 

uince son os concellos da provincia que participan nesta edición do "Cinema de Verán", "unha iniciativa coa que pretendemos, a través do traballo de Aitor Rei e coa colaboración de Florencio de Arboiro -o maior experto mundial no ámbito dos afiadores e das rodas de afiar-, achegar ao rural un dos nosos sinais de identidade social e cultural: o afiador, figura que temos que reivindicar como esencia da nosa alma ourensá", dixo Manuel Baltar na presentación. O presidente do goberno provincial destacou que estes "heroes anónimos de novelas aínda non escritas, merecen todo o noso recoñecemento polo labor que fixeron ao longo do tempo e tamén para poñer en valor a roda de afiar, un instrumento de convivencia e comunicación".

 

Manuel Baltar agradeceu a Florencio de Arboiro "o seu compromiso coa nosa terra, como creador e investigador", e a Aitor Rei "a súa sensibilidade para plasmar nun traballo cinematográfico a calidade humana e o sacrificio dos afiadores". Ademais da proxección do documental, "a actividade inclúe un coloquio co equipo da película e unha mostra de rodas de afiar do museo "Florencio de Arboiro", explicou Aitor Rei, mentres que o propio Arboiro, quen colaborou na localización para a rodaxe e nos contactos cos afiadores, dixo que este proxecto "é unha homenaxe a todos eses homes que levaron polo mundo na súa roda o sentir da provincia de Ourense".

A Deputación de Ourense leva o cinema ao rural coa proxección do filme "A última viaxe...