PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



O Festival Revenidas desvela as primeiras bandas que se suman ao cartel da gran cital cultural do verán galego

Lunes, 03 Abril 2017 13:07
Valora este artículo
(1 Voto)
por

O adianto do Festival Revenidas 2017 confirman a súa consolidación como un dos eventos culturais máis destacados do verán galego. Dende a organización destacan, un ano máis, a ambiciosa programación musical e de actividades paralelas desta edición.

 

“O esforzo de por en marcha un festival que atrae a miles de visitantes non sería posible sen o apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Axencia Galega de Industrias Culturais e a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra que nos incluíu na marca Festivais Rias Baixas así como as entidades privadas e asociacións que nos axudan a mantelo máis vivo ca nunca”, afirman os organizadores do Revenidas17. O primeiro avance das bandas presentes no Revenidas16 converterano nunha festa musical e familiar e nun dos referentes culturais de Galicia durante o terceiro fin de semana de agosto, 18, 19 e 20 de agosto.

 

Terbutalina e La Pegatina, primeiras bandas que se suman ao cartel

O primeiro avance das bandas presentes no Revenidas converterano nunha festa musical e familiar e nun dos referentes culturais de Galicia durante o terceiro fin de semana de agosto, 18, 19 e 20 de agosto. O garage-punk festeiro de Terbutalina é un dos primeiros en sumarse ao festival. Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos.

 

O seu penúltimo LP, A MUERTE, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galego nos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzaron o seu último traballo, AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Ghetto Recorders (Detroit), e que será editado por Folc Records e Grabaciones de Impacto. É un dos grupos máis coñecidos das salas e festivais de toda a xeografía.

 

La Pegatina completa este adianto do cartel. O grupo catalán estivo en máis de 24 países superando o milleiro de concertos nos seus 14 anos de existencia. O seu estilo é variado: pasan do merengue á rumba ou ao ska con gran facilidade para acabar enloquecendo á xente con punk xitano ou, simplemente, cánticos hooligans. Versátiles e anaeróbicos La Pegatina xa editou seis discos, un documental e incluso un videoxogo.

 

Un festival familiar

Falar de Vilaxoán é falar das Revenidas, como ben dín os versos de Gonzalo Bouza-Brey. “Ben ricas son as xoubas xa maiores as sardiñas, pero como están máis boas, en Vilaxoán Revenidas.” A tradición de Vilaxoán é gozar do sábado en familia coa Sardiñada Popular Revenidas no parque de Dona Concha.

 

Este é o espazo onde se realizarán a meirande parte das actividades paralelas e de balde que completarán a programación do Revenidas17. Actividades para todos os públicos, zonas de acampadas e moitas máis sorpresas. Os bonos para os tres días do Festival das Linguas xa están á venda por 26€ a través da web www.revenidas.com. Oferta limitada!

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates