PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

Publicidad


O concello de Valga recibe dúas ofertas para explotar a cafetería da praia fluvial de Vilarello

Lunes, 17 Julio 2017 13:30
Valora este artículo
(0 votos)
por

O prazo para optar á adxudicación da explotación da cafetería da praia fluvial de Vilarello rematou o venres logo de quince días no que os interesados puideron presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral. Son dúas as propostas doutros tantos licitadores que recibiu o Concello e que nos vindeiros días serán valoradas pola correspondente mesa de contratación presidida polo alcalde.

 

Segundo establecían as cláusulas administrativas, o adxudicatario deberá abonar ao Concello un canon anual mínimo por importe de 100 euros máis o 21% de IVE, así como os demais impostos ou taxas que se deriven deste contrato. De aí que as ofertas económicas deberan efectuarse á alza partindo da citada cantidade de 100 euros.

 

O contrato terá unha duración de dous anos e poderá ser prorrogado por mutuo acordo das partes antes do remate deste, sen que a duración total poida exceder de catro anos. A valoración das proposicións e elección da oferta máis ventaxosa atenderá aos seguintes criterios: proxecto de explotación, o equipamento e mobiliario co que se dotará ao local e o maior canon ofertado

 

. Con anterioridade á formalización do contrato, a empresa ou persoa seleccionada deberá contratar un seguro de responsabilidade civil por un importe mínimo de 150.000 euros, que dea cobertura aos danos que se puideran causar directa ou indirectamente nas instalacións. Tamén terá que efectuar o pagamento dos gastos derivados da contratación que lle correspondan e do canon. No caso das agrupacións de empresas, deberá acreditar a constitución da mesma.

 

O edificio da cafetería da praia fluvial de Vilarello conta cunha superficie construída de 132,80 metros cadrados, dos que 109,25 son útiles. Ademais do espazo destinado a bar, conta con cociña, un almacén, distribuidor, aseos e duchas de homes e mulleres e unha Aula da Natureza anexa. Os horarios de apertura e peche serán os propostos polo licitador na súa oferta, se ben como mínimo deberá ser de 15 a 21 horas e non poderá pechar máis dun día á semana.

 

Partindo deses condicionantes, o horario poderá ampliarse ata o máximo establecido pola lexislación vixente. Corresponderá ao adxudicatario cumprir cunha serie de esixencias, entre elas o mantemento e limpeza da totalidade do edificio así como o lixo e maleza de todo o entorno, concretamente a praia fluvial de Vilarello, a área de lecer, o aparcamento e o local anexo destinado a Aula da Natureza.

 

Contratará pola súa conta o persoal que precise, que deberá estar afiliado á Seguridade Social e estar en posesión do carné de manipulador de alimentos. Tamén serán responsabilidade do adxudicatario os danos ocasionados nas dependencias e mobiliario que sexan imputables á explotación do servizo. Non se poderán instalar na cafetería máquinas “tragaperras” que concedan premios en metálico, nin máquinas recreativas dos tipos B e C. A dotación doutros aparellos ou máquinas de pasatempo estará suxeita á previa autorización do Concello.

 

Tampouco poderá practicarse ningún xogo de azar no que se utilicen apostas de diñeiro. Estará prohibido, igualmente, utilizar o edificio para reunións que teñan carácter político. O adxudicatario terá que asegurar contra roubo, á súa costa, a televisión, cafeteira, frigorífico e demais aparellos necesarios para o desenvolvemento do servizo. Unha vez finalizado o contrato, deberá deixar as instalacións e os terreos anexos nas mesmas condicións nas que se atopan na actualidade. O Concello poderá realizar periódicamente ou cando estime pertinente inspeccións e revisións das instalacións.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates