PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Valga | Pontevedra

A Festa da Anguía e Mostra da Caña esgotou as existencias en hora e media e congregou a milleiros de persoas

Lunes, 28 Agosto 2017 14:46
Valora este artículo
(0 votos)
por

O goberno municipal de Valga valora como un grande éxito a XXVII edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que na tarde e noite do sábado congregou a milleiros de persoas no Parque Irmáns Dios Mosquera, no que se despacharon 1.000 tapas de anguía e cócteles elaborados con caña en menos de hora e media. Ademais, a IV ruta “Tapa á anguía” contou tamén co respaldo de veciños e visitantes de tal xeito que moitos dos locais de hostalería participantes esgotaron os pinchos entre as xornadas do sábado e o domingo.

 

O bo sabor de boca que a festa deixou entre a cidadanía valguesa é compartido polo Concello, que se felicita pola boa acollida que tivo a programación deseñada pola Concellería de Cultura. As actividades no recinto festivo comezaron con xogos e obradoiros para os máis pequenos. Foron máis de cincuenta os nenos que participaron no taller de cociña e nove equipos de cinco persoas cada un concursaron na novidosa iniciativa “Buscando anguías”, que repartiu premios por valor de 600 euros.

 

Ademais, a soleada tarde contou con hinchables para a diversión infantil, actuacións folclóricas a cargo do grupo Algueirada que animaron aos maiores e a demostración de destilado da caña do país a cargo de tres dos “cañeiros” máis representativos de Valga, Fermín Rodríguez Antonio Santiago e José Manuel Rodríguez, que elaboraron no Parque Irmáns Dios dúas variedades de augardente (branca e de herbas) con gran expectación por parte das persoas asistentes que puideron seguir o proceso de destilado deste licor dende os seus primeiros pasos ata a obtención da caña. Os actos protocolarios tiveron como punto de arranque a recepción de autoridades na Casa do Concello, entre elas a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Miguel Pérez Dubois, a deputada Maribel Novo ou alcaldes e concelleiros doutros municipios veciños como Pontecesures ou Dodro, entre outros.

 

Visitaron a exposición de encaixe de bolillos da Asociación Cultural “Palilleiras de Valga” e, a continuación, acompañados pola música da Banda Municipal de Valga, desprazáronse ata o recinto festivo. Alí escoitaron unha breve explicación dos “cañeiros” sobre a elaboración da caña de Valga e brindaron con ela antes de que o mozo Iván Sanmiguel dera por inaugurada oficialmente a festa cun pregón no que, ademais de enxalzar os dous produtos protagonistas, arengou aos seus veciños a sentirse orgullosos de Valga.

 

Acto seguido tivo lugar a entrega de premios dos certames que se organizan en paralelo á festa. No concurso da Caña do País foron galardoados José Andrés Castro Santos, veciño de Gándara, como produtor da mellor augardente branca, Javier Lueiro Faro (Lantaño) foi o vencedor na categoría de caña de herbas, e Antonio Santiago Figueira, de Forno, en caña tostada. Os segundos clasificados foron Francisco Fojo Castro (Casaldeirigo), José Andrés Castro Santos, que repiteu premio, e José López Castiñeiras. Tamén foron recoñecidas as comisións veciñais que acondicionaron os lugares máis fermosos no concurso “Embelecer Valga”. O primeiro clasificado foi Vilar, seguido de Barcia e Canle.

 

Por último, tamén se resolveu a proba “Buscando anguías”, recaendo a “Anguía de Ouro” nun dos equipos de Casaldeirigo. A entrega de premios foi a antesala da degustación de tapas de anguía e cócteles elaborados con caña. Os arredor de mil pinchos preparados polo cátering Siro González, que ofreceu aos asistentes tacos de anguía, empanadillas orientais recheas, guiso e anguía frita tradicional, despacháronse en menos de hora e media. O tícket, ao prezo dun euro, permitía consumir unha tapa e máis un cóctel, sendo fantástica a acollida dos comensais, que esgotaron as existencias.

 

Por ese entón o parque Irmáns Dios Mosquera está xa ateigado por milleiros de persoas chegadas dende os máis diversos lugares de Galicia e incluso dende outras comunidades españolas como o País Vasco ou Aragón, por citar exemplos. Todos aplaudiron e bailaron coas actuacións das orquestras Alkar e Panorama, o gran atractivo do cartel musical, e tamén coa elaboración da queimada e o conxuro dramatizado por Troula Animación. Na xornada do domingo tamén houbo gastronomía, da man dos trece bares e restaurantes participantes na cuarta edición da ruta concurso “Tapa á anguía”. Foron varios os establecementos que esgotaron os pinchos, que se servían de xeito gratuíto coas consumicións, ante a alfuencia de persoas que quixeron completar a ruta. Os clientes puideron votar pola mellor tapa, que se coñecerá ao longo desta semana.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates