PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Valga | Pontevedra

Unha trintena de vecinos traballan xa na nova montaxe do Belén Artesanal en Movemento de Valga

Jueves, 12 Octubre 2017 21:32
Valora este artículo
(0 votos)
por

Co Nadal a dous meses vista, a asociación Amigos do Belén de Valga traballa xa na renovación do Belén Artesanal en Movemento, unha das composicións navideñas máis afamadas de Galicia e de España e que atrae cada ano a milleiros de visitantes ao municipio, destacando como un dos seus principais atractivos turísticos. Son unha trintena de persoas as que dende a pasada semana se reúnen a diario no local de Rúa Nova de Campaña para idear e plasmar o novo deseño do Belén, declarado en 2013 de Interese Turístico de Galicia.

 

Nestas primeiras xornadas as tarefas céntranse na retirada de tódalas figuras, edificios e outros elementos que formaron parte da última composición para despois comezar de novo a confeccionar un nacemento que ten como principal pecularidade a conxugación de esceas propias das festas de Nadal, como o nacemento do Neno ou a adoración dos Reis Magos, con tradicións locais e mostras da cultura popular do rural de Galicia como a matanza ou a sega e malla do trigo. A isto engádense figuras ilustres como Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo, personaxes famosos e a recreación de acontecementos de ámbito nacional e internacional que fan deste un Belén único.

 

E todo feito a man de xeito artesanal polos veciños, dotando a moitas das figuras e escenas de movemento co emprego de motores de limpaparabrisas, cepillos de dentes e outros utensilios eléctricos. A imaxinación e o inxenio, ademais do esforzo, xogan un papel moi relevante na montaxe deste nacemento. Nunha superficie aproximada de 400 metros cadrados, o Belén Artesanal en Movemento chegará este ano a preto das 4.500 figuras.

 

En cada edición engándense arredor de 200 novas, feitas con papel, arame, cinta de carroceiro e pasta de modelar. Vanse a incorporar tamén este ano novas edificacións, construídas na súa meirande parte con estrutura de madeira e recubertas de pedra. E, por suposto, novas escenas vencelladas á actualidade local e mundial que recollan boa parte dos acontecementos que marcaron este ano. É moito o traballo que queda por diante e, por iso, o colectivo Amigos do Belén fai un chamamento á veciñanza en busca de voluntarios que queiran colaborar nas tarefas. O nacemento valgués inaugurarase, como é habitual, o primeiro domingo de decembro e abrirá ao público todos os días ata pasada a festividade de Reis. O resto do ano seguirá a disposición dos visitantes que formen parte de grupos organizados ou excursións.

 

Neste ano 2017 mantivéronse as visitas ata a última fin de semana de setembro e, como dato reseñable, foron moitos os emigrantes valgueses que, durante o mes de agosto e estando de vacacións na súa vila natal, non quixeron perder a oportunidade de ver o Belén que tanta sona ten acadado e no que se están a executar, ademais, os traballos de instalación dun sistema de climatización, unha actuación financiada pola Axencia Turismo de Galicia con 45.000 euros en base a un convenio asinado recentemente pola directora deste organismo, Nava Castro, e o alcalde José María Bello Maneiro.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates