PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Valga | Pontevedra

O Belén Artesanal de Valga abre as súas portas este domingo con entrada gratuíta para todos os visitantes

Martes, 28 Noviembre 2017 11:57
Valora este artículo
(0 votos)
por

Co Nadal á volta da esquina, a asociación Amigos do Belén de Valga apura os traballos de montaxe para inaugurar este domingo oo Belén Artesanal en Movemento, unha das composicións navideñas máis afamadas de Galicia e de España e que atrae cada ano a milleiros de visitantes ao municipio, destacando como un dos seus principais atractivos turísticos. Son unha trintena de persoas as que dende comezos do mes de outubro se reúnen a diario no local da Rúa Nova de Campaña para renovar o deseño do Belén, declarado en 2013 de Interese Turístico de Galicia. Nunha superficie aproximada de 400 metros cadrados, o Belén Artesanal en Movemento chegará este ano a preto das 4.500 figuras.

belen-valga3

 

En cada edición engándense arredor de 200 novas, feitas con papel, arame, cinta de carroceiro e pasta de modelar. Vanse a incorporar tamén novas edificacións, construídas na súa meirande parte con estrutura de madeira e algunhas recubertas de pedra. E, por suposto, novas escenas vencelladas á actualidade local e mundial que recollan boa parte dos acontecementos que marcaron este ano. Tanto no apartado político, co conflito catalán como principal expoñente, como no ámbito televisivo ou da farándula coa agardada entrevista de Roberto Vilar a Julio Iglesias ou a comentadísima “cobra” de Bisbal a Chenoa como dous exemplos.

belen-valga4

 

O Belén Artesanal mantén, polo tanto, como principal pecularidade a conxugación de esceas propias das festas de Nadal, como o nacemento do Neno ou a adoración dos Reis Magos, con tradicións locais e mostras da cultura popular do rural de Galicia como a matanza ou a sega e malla do trigo. A isto engádense figuras ilustres como Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo, personaxes famosos e a recreación de acontecementos de ámbito nacional e internacional que fan deste un Belén único.

belen-valga5

 

E todo feito a man de xeito artesanal polos veciños, dotando a moitas das figuras e escenas de movemento co emprego de motores de limpaparabrisas, cepillos de dentes e outros utensilios eléctricos. A imaxinación e o enxeño, ademais do esforzo, xogan un papel moi relevante na montaxe deste nacemento O nacemento valgués inaugúrase este domingo, 3 de decembro, ás 17:30 horas e permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata pasada a festividade de Reis, entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17: a 20:30 pola tarde.

 

Os colexios, asociacións e outros grupos poden concertar as visitas a través do número de teléfono 630 95 25 15. O público, como xa é habitual nos últimos anos, poderá participar no concurso para localizar e identificar a un personaxe oculto no Belén. Entre os acertantes realizarase un sorteo e o gañador recibirá como premio unha das figuriñas do nacemento que el mesmo poderá elixir. Ademais, como outra das novidades, o local de Campaña estrea nesta edición un sistema de climatización financiado pola Axencia Turismo de Galicia con 45.000 euros en base a un convenio asinado pola directora deste organismo, Nava Castro, e o alcalde José María Bello Maneiro.

 

belen-valga2

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates