PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



O alcalde e Nava Castro inauguran o Belén Artesanal de Valga entre unha enorme afluencia de público

Lunes, 04 Diciembre 2017 12:58
Valora este artículo
(0 votos)
por

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcade de Valga, José María Bello Maneiro, deron por inaugurada este domingo unha nova edición do Belén Artesanal en Movemento no que traballaron trinta e tres persoas durante máis de dous meses. O acto, presentado por Héctor Bermúdez e seguido por un gran número de visitantes tanto dentro como fóra do local, contou tamén coa participación do párroco de Campaña, Manuel Míguez, que bendiciu a montaxe, integrada por arredor de 4.500 figuras dispostas nunha superficie de 400 metros cadrados. Tamén asistiron a esta xornada inaugural o resto de concelleiros da Corporación local e a diputada autonómica Maribel Novo. A afluencia de público durante a tarde foi enorme.

 

Pouco despois das catro da tarde xa había persoas ás portas do local agardando para ser uns dos primeiros en ver o Belén e descubrir as novidades que se agochaban tralas portas. Familias ao completo, moitos nenos, maiores, xente de Valga e chegada dende outros municipios en coche ou en autobuses. Ninguén quixo perder a estrea do nacemento máis famoso de Galicia. Trens de pasaxeiros e mercadorías coas súas correspondentes estacións que percorren toda a montaxe, os independentistas cataláns –dende os que fuxiron a Bruxelas como ata os que están no cárcere-, Roberto Vilar e súa nai coa tortilla entrevistando a Julio Iglesias, a “cobra” entre Chenoa e Bisbal, os incendios forestais que asolaron os montes galegos este verán, José Coronado e Álex González durante a súa rodaxe en Arousa, o clásico do fútbol co Real Madrid e o Barça sobre o céspede, o enfrontamento nuclear entre Donald Trump e o líder norcoreano Kim Jong-un ou a entrega de premios do concurso “Tapa á Anguía” que se celebra cada verán en Valga son só algunhas das novas esceas coas que conta o Belén Artesanal en Movemento.

belen-valga3

 

Engadíronse aproximadamente 200 novas figuras feitas con papel, arame, cinta de carroceiro e pasta de modelar. Tamén se incorporaron novas edificacións, construídas na súa meirande parte con estrutura de madeira e algunhas recubertas de pedra. É, en definitiva, un particular resumo dos acontecementos máis sonados do último ano a nivel local, nacional e internacional. Ademais, o Belén estrea nesta edicion un sistema de climatización financiado por Turismo de GalicA esta mellora referíronse tanto Nava Castro como o alcalde no acto de inauguración. José María Bello Maneiro agredeceu a este organismo da Xunta e á súa directora, unha entusiasta do Belén de Valga, a aportación de ---- euros para financiar a climatización. Nun tono máis distendido, Nava Castro dixo que “me gustou poder sacar o abrigo e contar cunha temperatura agradable” e puxo esta actuación como exemplo de que a Xunta e Turismo de Galicia “apoiamos todo o que paga a pena poñer en valor”. Grazas ao colectivo Amigos do Belén a aos seus integrantes “toda Galicia e o resto de España pode disfrutar deste Belén, declarado de interese turístico de Galicia, un nacemento que nos enche de orgullo e que dá o pistoletazo de saída ás festas de Nadal” na nosa comunidade, engadiu.

belen-valga2

 

O alcalde tamén aludiu aos “verdadeiros artífices” do Belén, os veciños que traballan incansable e desinteresadamente “para que todos poidamos disfrutar”. Ademais, para Valga e para o seu goberno “é unha enorme satisfacción que tantísimos turistas veñan aos noso municipio expresamente a ver o Belén”, que se ten erixido no principal recurso turístico da vila. O Belén de Valga ten como principal peculiaridade a conxugación de esceas propias das festas de Nadal e vencelladas ao Nacemento de Xesús con tradicións locais e mostras da cultura popular do rural de Galicia como a matanza ou a sega e malla do trigo.

belen-valga4

 

A insto engándese figuras ilustres como Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo, personaxes famosos e a recreación de acontecementos de ámbito local, nacional e muldial que fan deste un nacemento único. E todo feito a man de xeito artesanal polos veciños, dotando a moitas figuras de escenas de movemento co emprego de motores de limpiaparabrisas, cepillos de dentes e outros utensilios eléctricos. Permancerá aberto ao público de xeito gratuíto ata pasada a festividade de Reis, entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde. Os colexios, asociacións e outros grupos poden concertar as visitas a través do número de teléfono 630 95 25 15. O público, como xa é habitual nos últimos anos, poderá participar no concurso para localizar e identificar a un personaxe oculto no Belén. Entre os acertantes realizarase un sorteo e o gañador recibirá como premio unha das figuriñas do nacemento que el mesmo poderá elixir.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO (20.000 visualizaciones / día)
Pontebonita Peluquería
https://www.facebook.com/pontebonitacaldas
Spa/belleza/cuidado personal

IDEXGA
http://idexga.es/
Soluciones gráficas para tu empresa

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates