Imprimir esta página

“Malo será!” gravou no auditorio de Valga a función con máis espectadores de toda a temporada

Lunes, 03 Junio 2019 18:00
Valora este artículo
(0 votos)
por

O televisivo programa “Malo Será!” gravou onte en no Auditorio Municipal a súa función con máis público de toda esta tempora, a segunda en antena e á que puxeron fin, precisamente, coa rodaxe de Valga. As case cincocentas butacas que saíron á venda estiveron ocupadas por uns espectadores entregados, que acudiron á cita con gañas de pasalo ben e afobé que o fixeron cos sketches humorísticos protagonizados por un elenco de actores integrado por Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Federico Pérez, entre outros cómicos. Marta Dovira foi a presentadora do espectáculo.

 

Pero sen dúbida o máis agardado e aclamado polo público foi o invitado co que contaba o programa nesta ocasión, Xosé Antonio Touriñán, que protagonizou varias das escenas de humor que se emitirán en vindeiras datas na Televisión de Galicia. Nalgúns destes sketches houbo referencias a Valga, por exemplo, coa proxección de diferentes imaxes do municipio. Ao remate da función, todo o elenco saiu ao hall do Auditorio para saudar ao público e facer fotografías con todas aquelas persoas que quixeron.

NOTICIAS RELACIONADAS...