PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Arrancan as actividades do programa cultural "Padrón Literario"

Lunes, 16 Abril 2018 12:17
Valora este artículo
(0 votos)
por

O Concello de Padrón comezou a divulgar as actividades do programa "Padrón Literario", unha nova iniciativa impulsada desde as concellerías de Cultura e Turismo, que dirixe Lorena Couso, e que "pretende converter a riqueza cultural e literaria da capital do Sar nun recurso turístico cada vez máis atractivo".

 

A concelleira salientou que esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, o que, na súa opinión, "xa é unha garantía de éxito, porque son dúas das entidades máis relevantes de Galicia en canto á defensa e posta en valor do patrimonio literario de dous autores esenciais da nosa cultura".

 

Por iso, agradeceu "a súa implicación e o seu esforzo por seguir potenciando os recursos culturais que ten Padrón e que, no eido da literatura, trascenden as fronteiras locais e son un referente para para toda Galicia e tamén para o resto do territorio nacional".

 

En canto á quincena de actividades previstas desde este luns 16 de abril ata finais do vindeiro mes de maio, a concelleira resalta que é "un compendio de actividades pensadas para atraer a públicos de tódalas idades, posto que inclúe desde rutas e visitas guiadas para adultos ata contacontos e espectáculos infantís".

 

Principais actividades

A Biblioteca Municipal acollerá desde o luns 16 de abril ata o 31 de maio a exposición "Os personaxes dos libros visitan a túa biblioteca". No eido das rutas literarias, o sábado 5 de maio está prevista a realización da Ruta Rosaliana, visitando os municipios de Santiago, Ames, Brión e Padrón; o sábado 12 de maio realizarase unha ruta de 3 quilómetros na contorna da Fundación P. G. Camilo José Cela; e o sábado 19 de maio realizarase unha visita guiada teatral á sede desta mesma fundación. Ademais, os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio programaranse visitas literarias guiadas polo casco histórico de Padrón.

 

Tamén os máis pequenos contarán con actividades específicas, como o contacontos "O xardín dos contos", o mércores 9 de maio; o espectáculo "O cego dos monifates, Romance de cans", o venres 11 de maio; a IV Festa da Lingua, o día 18 de maio na Praza de Macías, en colaboración co IES Camilo José Cela e o IES Macías O Namorado; o espectáculo infantil "Contos nas orellas", o venres 18 de maio; ou o espectáculo infantil "Entre arrolos e contiños", o sábado 19 de maio. Vocación de continuidade Ao respecto, Lorena Couso subliñou que "Padrón Literario é unha iniciativa que nace con vocación de continuidade no futuro, polo que se decidiu crear unha marca específica na que aparecen representados os tres autores máis destacados da literatura local: Rosalía de Castro, Camilo José Cela e Macías O Namorado".

 

padron-literario-1
padron-literario-2
padron-literario-3
padron-literario-4

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates