PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Máis de 200 persoas enchen a Igrexa de Herbón no concerto do Herbens Consort

Sábado, 12 Julio 2014 14:15
Valora este artículo
(0 votos)
por

Cheo absoluto na Igresa de Herbón. Máis de 200 persoas déronse cita neste templo para asisitr ao segundo concerto do Festival As Notas do Pemento que, este venres, tiña como protagonista ao Herbens Consort, o grupo que xurdiu, precisamente, a raíz do primeiro festival que se celebrou o pasado ano. G.F. Händel e G.P. Teleman foron os compositores elixidos polo Herbens Consort para deleitar a un público que seguiu o concerto totalmente entregado. O grupo interpretou a Sonata para frauta en Fa M HWV 369, a Cantata HWV 140 "No se emendará jamás" e a Cantata HWV 87 "Carco sempre di gloria" de Händel e o Concerto para frauta e viola da gamba TWV 52:a1 de Telemann. O Herbens Consort está composto por Indra Sesti di Lucca, soprano; Eliseu Mera, barítono; Felipe Rodríguez, frauta; Beatriz Junco e Elena Vázquez, violín; María J. Pámpano, viola; Alfonso Morán, violone; Diego Rojo, arquilaúde; Jesús Rodil, cravo e Carlos García Amigo, viola da gamba e dirección. Música clásica e antiga e pementos de Herbón é a receta deste II Festival de Musica de Herbón 'As notas do Pemento'. Unha cita que reune no fermoso convento de Herbón as mellores promesas da música clásica de Galicia nunha serie de catro concertos que combinarán recitais líricos,música barroca ou dúos de violín e guitarra.

 

FESTIVAL

'As notas do pemento' está organizado polas asociacións Sementar e conta coa colaboración da Provincia Franciscana de Santiago e a S.A.T. A Pementeira. O seu obxectivo é resaltar as potencialidades do pemento de Herbón a través da música. E para iso, nada mellor que o lugar onde naceu e se mimou durante tantos anos; o convento franciscano de Herbón, fundado en 1396. A horta, o claustro e a fonte serán algúns dos escenarios que acollerán estes concertos, que terán lugar os venres de cada mes a partir das 20.30 horas.

 

GRUPO CONVIDADOS

Entre os músicos e grupos , ademais do Herbens Consort, estiveron xa José A. Campo (tenor) e Severino Ortiz (piano), que actuaron o 4 de xullo e Roberto Alonso (violín) e Samuel Diz (guitarra), que o farán o 18 e, finalmente, o 25 de xullo, o Grupo de Música Antiga 1500. Na filosofía do festival está, ademais, achegar a música clásica á xente. "Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar", apunta o director do festival, Roberto Freire.

 

PROMOCIÓN DO PEMENTO

“Este festival contribuirá á difusión da produción de pemento de Herbón como base da nosa economía local, defendendo o traballo das nosas pementeiras. E, ademais de gozar da música, tamén se poderá coñecer a historia deste cultivo e a súa relación coa casa franciscana”, apunta Pilar García, coordinadora da asociación Sementar. E é que ademais de música, o público que se acerque ata o convento poderá disfrutar dunha visita guiada por este edificio histórico que foi declarado este ano Ben de Interese Cultural (BIC). As visitas darán comezo ás 20.00 horas, media hora antes dos concertos, porque ao remate dos mesmos, os organizadores ofrecerán unhas tapiñas de pementos.

 

DIVULGAR A MÚSICA CLÁSICA

Os interesados reservar as entradas para este festival único poden facelo a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. facilitando o seu nome e apelidos e un correo de contacto. Tamén poden atopalas no Hospital de Peregrinos Santo Antonio de Herbón, das 16.00 ata as 22.00 horas. Tamén poden mercar as entradas directamente o día do festival. O prezo é de tres euros por concerto ou de dez se se compra un bono para todas as actuacións. No prezo vai xa incluída a visita guiada e a ración de pementos con viño que produce o propio convento.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates