viernes. 19.04.2024

A Deputación de Ourense entra no Consello Político de "Partenalia"

A Deputación de Ourense forma parte desde hoxe do Consello Político de "Partenalia", a organización política de gobernos locais intermedios de Europa. Na segunda xornada do cumio que se celebra en Castellón o plenario aprobou por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins.

A Deputación de Ourense forma parte desde hoxe do Consello Político de "Partenalia", a organización política de gobernos locais intermedios de Europa. Na segunda xornada do cumio que se celebra en Castellón o plenario aprobou por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins.

 

Desta maneira, a Deputación de Ourense entra a formar parte do máximo órgano de xestión desta organización xeopolítica que ten a súa sede central en Bruxelas e da cal o goberno provincial ourensán poderá dispoñer, no centro político da Unión Europea, para realizar o seu labor de xestión no que atinxe ao desenvolvemento de proxectos europeos a prol da provincia de Ourense. Manuel Baltar expresou o agradecemento por parte do goberno provincial de Ourense e dixo que a forza da unión dos gobernos locais intermedios de Europa "permitiranos trasladar a Bruxelas as peculiaridades das nosas administracións, que son ás máis achegadas á realidade social e ao día a días dos cidadáns".

 

"O importante son as persoas, sen importar cantas residan nun determinado territorio, e nós, os concellos e os gobernos locais intermedios, temos a obriga de escoitalas, e de favorecer e apoialas nas súas necesidades de benestar e servizos", expresou o presidente. A asemblea de Partenalia aprobou hoxe a "Declaración de Castellón para o bo goberno", asinada por todos os membros, que inclúe propostas de Manuel Baltar como a elección directa dos cargos públicos, os procesos de transparencia e "Goberno aberto" e a responsabilidade social corporativa.

 

Con este documento, os gobernos locais intermedios comprométense a integrar na súa acción de goberno os dez compromisos, relativos a Gobernanza multinivel; Goberno Aberto; Lexitimidade democrática; Elección directa de cargos públicos; Sostibilidade financeira; Participación efectiva; Unha administración, unha competencia; O poder para o cidadán; Responsabilidade social corporativa e Recuperar a confianza.

 

En canto aos temas propostos por Manuel Baltar que aprobou a asamblea, no que atinxe á Elección directa o documento defende "a mellora da calidade democrática nos procesos de elección dos representantes aos diferentes niveis do goberno local, asegurando a directa relación entre elector e electo, o que suporía un achegamento do goberno á cidadanía e unha maior intervención da mesma na toma de decisións".

A Deputación de Ourense entra no Consello Político de "Partenalia"