viernes. 19.04.2024

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, visitou hoxe os enclaves históricos das ribeiras do río Búbal, "un destacado conxunto monumental do patrimonio histórico de Monterrei cun importante potencial turístico", afirmou o presidente provincial.

 

No seu percorrido, Baltar visitou o antigo balneario e embotelladora de augas de Vilaza, fundado a finais do século XIX como hotel balneario, que incorporou aos poucos anos a embotelladora de augas minero-medicinais que chegaron a ser comercializadas internacionalmente. Posteriormente, visitou o lagar rupestre da Carreira Branca, situado nas proximidades do núcleo de Medeiros, e o castro do Muro da Cidá, un sistema defensivo de extraordinaria monumentalidade, no que destaca tamén o importante número de lagares rupestres que o abeiran.

Manuel Baltar visita en Monterrei o patrimonio histórico das ribeiras do río Búbal