PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Deputación de Ourense e Grupo GEN analizan os ámbitos económico e de servizos dos concellos galegos

Martes, 23 Enero 2018 14:35
Valora este artículo
(0 votos)
por

A Deputación de Ourense e o Grupo de Investigación GEN presentaron hoxe senllos estudos que analizan a realidade municipal galega en materia fiscal, económica e organizativa: o Informe "Red Localis" e o "Observatorio Municipal Galego". No acto participaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; o director do Grupo de Investigación GEN, Santiago Lago; e o co-director da Red Localis, Alberto Vaquero.

 

"Con esta alianza institucional e académica, unha iniciativa de prospección e análise, a Deputación de Ourense lidera a innovación no ámbito do servizo ao municipalismo, achegando información máis accesible e actualizada, de gran utilidade, sobre a realidade local galega", afirmou Manuel Baltar, destacando "a aposta que está a facer a Deputación de Ourense en materia de transparencia pública, co seu liderado entre os gobernos provinciais de España, e tamén en cuestións como a comunicación política, contribuíndo a facer administracións máis transparentes e achegadas aos cidadáns".

 

Baltar agradeceu o traballo do Grupo de investigación GEN que, en colaboración coa Deputación de Ourense, "desenvolve estes estudos que ofrecen datos en tempo real e permiten facer unha diagnose, e mesmo proxeccións a medio/longo prazo, do estado do municipalismo en Galicia", engadiu. Pola súa parte, Santiago Lago lembrou que o convenio entre a Deputación de Ourense e o Grupo GEN abrangue tres iniciativas: "O congreso sobre o municipalismo de ámbito nacional, no que se debateron os retos do mundo local desde as perspectivas académica e da Administración Local; o informe da Red Localis, unha ferramenta para plasmar as ideas e perspectivas do eido local, e o Observatorio Municipal Galego, que achega datos sobre cuestións clave do municipalismo".

 

Aparte do sector económico, Santiago Lago definiu a Ourense como "o "laboratorio" da Unión Europea para anticipar políticas sociais cara a 2050", destacando "as oportunidades que ten a provincia en ámbitos como o do envellecemento activo, tendo en conta a alta esperanza de vida". "Grazas a esta alianza coa Deputación de Ourense, o noso aliado estratéxico, podemos desenvolver proxectos de análise socio-económico, de servizos e de financiamento local", dixo. O Informe Red Locais, titulado "Organización e financiamento de servizos municipais", pon en valor a necesidade de avaliar a organización e o financiamento dos servizos municipais.

 

Abrangue temáticas sobre o financiamento municipal, servizos e cooperación, coa participación de académicos e profesionais do mundo local, "reflexións que se fan desde Ourense por autores de toda España para aportar propostas sobre o ámbito local", sinalou Santiago Lago. Pola súa banda, o Observatorio Municipal Galego, recolle e difunde información fiscal e económica dos 313 concellos galegos, permitindo que os cidadáns "coñezan en tempo real a información referida a orzamentos, transparencia e xestión pública", destacou Alberto Vaquero. A información desta plataforma pode consultarse na web: www.observatorioredlocalis.com.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates