PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



Manuel Baltar visita a Asociación Española contra o Cancro en Ourense, que conmemora os seus 25 anos

Viernes, 16 Febrero 2018 13:49
Valora este artículo
(0 votos)
por

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe as oficinas da Asociación Española contra o Cancro en Ourense, que conmemora os seus 25 anos de traballo a prol dos pacientes oncolóxicos e as súas familias.

 

Baltar quixo unirse a celebración desta efemérides agradecendo o convite por parte da presidenta, Dora Gómez, e o equipo directivo da AECC en Ourense, "felicitándoos pola labor altruísta e de servizo que realizan na nosa provincia, tendo sempre presentes os valores de axuda, unidade, transparencia, profesionalidade, independencia e dinamismo, todo elo unido, creando esa fortaleza e apoio que se necesita en momentos duros e difíciles coa axuda de todos e con máis investigación, concienciación e implicación", afirmou o presidente do goberno provincial.

 

Manuel Baltar destacou que asociacións como esta "merecen non só o respecto e a admiración senón tamén o apoio que podamos dar desde as administracións públicas para que sigan avanzando no gran labor que realizan".

 

Pola súa banda, Dora Gómez agradeceu a visita ao presidente da Deputación de Ourense, e solicitoulle o apoio da institución provincial en materia de infraestruturas, de cara ao novo proxecto no que está a traballar a asociación para poder dispoñer de novas instalacións que melloren os servizos e a atención a pacientes e as súas familias.

 

No decurso da visita, Baltar asinou no Libro de Honra da asociación e depositou unha mensaxe e un pin co símbolo do sorriso da Ourensanía na denominada "Cápsula do tempo", na que a AECC de Ourense recolle agasallos que simbolizan o apoio da sociedade ourensá ao traballo que realiza a asociación. Na súa mensaxe o presidente augurou nos próximos anos "magníficas noticias na loita contra as enfermidades", afirmando que "máis investigación é máis futuro, máis vida".

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Grupo ODL
http://grupoodl.com/
Un grupo a su servicio

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates